A BPM López Cortón foi visitada polo artista Elefante Elegante coa actividade “O Aviador” para divertir aos pequenos de 5 anos, en total participaron 45.
A actividade foi moi divertida e animada.
O mércores 24 de setembro tivo lugar na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos un taller de marionetas de papel. Máis de vinte nenos e nenas de entre 6 e 11 anos participaron na elaboración dunha marioneta de papel.
Esta actividade tivo unha acollida moi boa, e foi altamente valorada polos nenos e nenas así como polas súas nais e pais que se implicaron na mesma.
O espectáculo Lobo Bobo da compañía Elefante Elegante fixo encher
a Sala da Biblioteca de Cerceda. Unha tarde chea de contos e tamén de merendas na que os/as máis pequenos/as desfrutaron dunha actividade de humor
A tarde do 19 de setembro a Biblioteca encheuse de carritos para bebés. Actuaban para eles Pavís Pavós, Tareixa e Xacobe, bebés desde 3 meses a 4 anos estiveron moi atentos aos seus relatos e as súas nais e os seus pais participaron de forma moi activa en todas as propostas.
O pasado 28 de agosto, na Biblioteca Municipal Os Rosales, disfrutamos dun obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa) para rapaces a partir dos 9 anos, organizado polo estudio especializado en manga Cerditos de Guinea.
O obradoiro enmarcábase dentro da programación especial das Bibliotecas Municipais da Coruña sobre cómic, apoiando a programación do Festival Viñetas desde O Atlántico.
GoChi foi o encargado de profundizar no mundo do manga cun grupo de 11 rapaces e rapazas que xa sabía moito do tema, pasando da teoría a demostrar os seus talentos debuxando.
Dúas horas de obradoiro que se pasaron voando. Tendes máis imaxes no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Fran serviuse do mundo onírico e surrealista de Anthony Browne para estimular a imaxinación dos nenos (“Willy o soñador”), para transmitirlles a importancia do diálogo e da comunicación (“Cambios”), ou espantar os medos nocturnos a través dun conto acumulativo. Todo elo aderezado cunha boa dose de humor e de complicidade co público adulto acompañante
O pasado luns, 15 de setembro, tivemos un cheo total no contacontos “A maleta da avoa”, onde houbo ledicia para todos e todas; para os maiores foron recordos e para os nenos novidades. A representación resultou marabillosa e o trato cos pequenos inmellorable.
A continuación, achegámoslle dúas imaxes desa tarde.


Nenos e pais puideron gozar dunha xornada moi divertida grazas aos contacontos.
O xoves día 4 de setembro ás 12.30 horas, tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño, a posta en escena do espectáculo de maxia e música “MaxicoSons, unha aventura entre libros”, no que maxia e música se dan a man co fin de promover a lectura dun xeito orixinal e divertido. O público asistente, de tódalas idades,mostrouse moi satisfeito co desenrolo da actividade.

O pasado venres puidemos gozar, na biblioteca municipal de Monte Alto, da profesionalidade e experiencia dos artistas Alberto Guitián e Leandro Barea, que nos mostraron as técnicas e recursos creativos do humor gráfico actual.
Botamos unhas risas improvisando situacións cotiás que poderíannos servir de inspiración para as nosas propias viñetas, e logo experimentamos con materiais reciclados para crear as nosas primeiras caricaturas. Unha mañá diferente e, sobre todo, moi divertida.
Na Biblioteca municipal Sagrada Familia rematamos o pasado venres 29 de agosto o obradoiro de Stop Motion “Bibliotecas Animadas”, impartido por “Gargallando” (www.gargallando.wordpress.com). Ao longo de catro días, dez rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos afondaron nas súas capacidades creativas facendo, a partir de imaxes fixas, imaxes en movemento mediante a técnica do Stop Motion. Cada grupo de nenos traballou sobre o mundo do cine partindo dun conto da biblioteca seleccionado por eles. Así crearon unha curtametraxe, mediante o uso da literatura, as artes plásticas (dibuxo, plastilina) e a fotografía.
Dende logo os cativos e cativas foron ben puntuais a cotío, e cando chegaban á Biblioteca xa sabían o que tiñan que facer; saudaban á monitora e poñíanse mans a obra. De feito houbo pais que nos comentaron que se acostaban coas ganas de erguerse ao día seguinte e continuar co seu traballo artístico.
Abraiante e moi recomendable.


Séguenos