Biblioteca Municipal de Ordes. Como axudo a Antón?
Venres 26 de outubro. Tardes de Contos e Lendas. Biosbardos…éxito total!

Venres 26 de outubro. Tardes de Contos e Lendas. Biosbardos…éxito total!


Para celebrar o Día da Biblioteca como se merece, as familias do barrio de Monte Alto foron convidadas a compartir unha tarde con Migallas Teatro. Presentáronnos a un amigo moi especial, un lobiño que non era quen de quitar o chupete. Pero grazas a axuda do público, os contos e as cancións, conseguimos distraelo e que o esquecera por completo. Escoitamos clásicos como “A ratiña presumida” ou “Os tres porquiños” e outros como “Lúa” ou “Crocodrilo”, que soan tan ben cando os cantamos.


¡Qué ben o pasamos! Esperamos que volvan noutra ocasión. ¡Grazas!
O martes 16 de outubro e seguindo coa nosa programación do Mes das Bibliotecas, tivemos os “Contos do chupete” da man de Migallas Teatro na nosa biblioteca onde o pasamos de rechupete. Foi unha sesión de contos para bebés na que se integraron música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.
Foron moitos os bebés que xunto con pais e nais quixeron pasar unha tarde tenra e familiar, e disfrutar cantando, tocando palmas e facendo sons. Non hai máis que ver as súas caras de disfrute 😉

E como parecía que non lles chegaba a sesión 🙂 , Bea e o seu compañeiro ofreceron unha derradeira no exterior da biblioteca aproveitando a boa tarde que quedou. Alí, xa libremente, os cativos que non tiveron que marchar, achegáronse a tocar os instrumentos musicais e disfrutaron un bo anaco.

Moitas grazas a Migallas Teatro por esa tarde tan familiar e divertida. Un pracer teros connosco e ata outra!
O pasado mércores tivemos a sorte de gozar na Biblioteca de Portonovo do espectáculo tan “doce” que nos ofreceu Teatro Calavera. Foi unha tarde preciosa, xa que o tempo acompañounos e puidemos ofrecer o espectáculo na praza da biblioteca, e así dar máis cabida aos espectadores. E despois entramos para facer o taller de masa de azucre que encandeou a todos os nen@s asistentes.

A verdade é que o público superou as nosas espectativas, xa que foron 43 nen@s os que cos seus pais, nais e avoas, achegáronse a gozar desta sesión. Iso sen contar as persoas que pasaban pola rúa e achegábanse a ver que ocorría na biblioteca.

Temos que agraceder de corazón o saber facer de “Antón” e “Tomasa” que nos fixeron pasar unha tarde inesquecible. Un pracer tervos na nosa biblioteca, e esperamos volver vervos por aquí 😉

Na biblioteca municipal Monte Alto (A Coruña) tivemos onte a sorte de recibir a Charo Pita. Tróuxonos a dúas amigas, dúas campás que, de pronto, deixaron de tocar as súas melodías. ¿Cómo solucionar este problema? Pois con moitos contos, cancións e algún arrolo.

O público pasouno moi ben e o rematar felicitaron á artista.

O martes 2 de outubro tivemos a primeira das actividades que a Biblioteca de Portonovo ofrecerá aos seus usuarios dentro do programa Ler Conta Moito para celebrar o mes das Bibliotecas, e que levaba por título “Mª Victoria Moreno, unha historia de amor”.
Foi unha sesión moi divertida e amena, xa que ademais de coñecer un pouco máis sobre a vida de Mª Victoria Moreno (homenaxeada nas Letras Galegas este ano 2018), puidemos aprender a facer unha caricatura da autora, e todos pequenos e grandes conseguímolo ![]()
Daquela os máis pequenos colorearon os debuxos que Carlos fixera durante a sesión. E para que vexades o artistas que son, deixámosvos as fotos.


Por suposto dar as grazas a Pin e Mau por compartir esa tarde connosco.
Onte, luns 17 de setembro, os máis pequenos tiveron a súa primeira experiencia co mundo máxico dos contos nun bebecontos da man de Migallas Teatro, no que a mistura da música e a narración oral engaiolaron a tódolos asistentes.
Grazas Migallas!

Moi ben o pasamos o pasado mércores na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Tarabelos e o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.

Mariña é a mellor regueifeira do mundo mundial pero queda sen palabras… Nikolai sempre quixo ser músico e tocoulle ser aviador. Xuntos emprenderán unha viaxe polo mundo buscando palabras novas para as súas regueifas, porque o mundo tamén ten moito que contar.
Actuación destes artistas na casa da Cultura de Taboada o día d
as letras galegas. Foi tanta a participación que tivemos que usar o salón de actos.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda actuación de Mamá Cabra, con “Contos que saen dos libros”.



Séguenos