Raquel e Juan, estiveron na Biblioteca de O Hío o 16 de maio, facendo as ledicias de cativos e non tan cativos. Un espectaculo de música, palabras e imaxe moi moi recomendabel.
Raquel Queizás e a súa “Maletra” cargada de divertidas historias visitaron a BPM de Catoira o 3 de maio. Pequenos e maiores divertíronse moito axudándolle a sacar as letras e palabaras que deron vida a fermosas historias e misteriosos relatos.
O día 16 de maio viñeron visitarnos á ALM de Os Tilos os Ratos de Lonxedetodo da man de Trinketrinke Teatro. O Rato levou á biblioteca nunha caixa, os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e ténos que coidar.Tenta calmalos contándolle contos especiais para ratiños,pero non é doado!.
Os contos da sesión foron seleccionados de dúas obras de Arnold Lobel editados por Kalandraka: Contos de ratiños e Sopa de rato.
Pero aínda quedaba unha sopresa final. Os Ratos de Lonxedetodo deixaron unha das súas casa como expositor para que os máis peques puideran desfrutar das lecturas preferidas dos ratiños desta aldea tan afeccionada á lectura.
O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para rematar as celebracións do Mes dos Libros (co Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro), recibimos a visita gran artista internacional Lilí Gruyére, da familia dos Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke) dentro do programa Ler conta moito, que nos deleitou con cancións, baile, contos e interpretación.
Pero iso non foi todo: para rematar presentounos a casa dos ratos, onde poderemos atopar tódolos contos que nos recomendan os ratiños da nosa biblioteca: Leo, Savinia, Tareixa e Rodolfo, que xa son moi coñecidos polos visitantes da biblioteca.
E como o mellor é dar exemplo, Lilí púxose a remexer entre os contos e por aclamación popular leunos un par deles. A verdade é que estes ratos teñen moi bo gusto lector!
Todo un éxito!
Séguenos