Cambre acolleu un contacontos con debuxo ao vivo

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.


O xoves 15 de outubro os rapaces de Polo correo do vento visitaron a biblioteca Enrique Rivera Rouco nas Pontes. Aprendimos con eles moitas cousas sobre Ricardo Carvalho Calero e puidemos desfrutar dos seus debuxos. Os nenos e nenas tamén fixeron a súa propia caricatura do escritor que levaron para casa. Saíron moi ben.

Supervoladora, Cazaman, Superconejo, Superunicornio… estes son algúns dos superheroes e superheroínas que xurdiron da imaxinación dos nenos participantes no Obradoiro de Laura Alonso “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína” este luns 8 de outubro na biblioteca de Dorneda. Unha interesante e imaxinativa actividade que despertou a creatividade dos asistentes.
Anxo Fariña asistiu a B.M da Coruña ” Sagrada Familia” para falarnos do que é o Mindfulness e cómo aplicalo á vida cotiá utilizando a ilustración.


Do taller de Anxo Fariña, a Biblioteca Municipal de Sada ten un novo vinilo.
Este ano volveu a ser elexido o escritor Antoine de Saint-Exupéry e a súa obra O principiño

O ilustrador Xosé Tomás fixo un obradoiro didáctico e ameno ós rapaces que asistiron. Empezando por explicar as partes dos libros e o proceso físico da súa creación foi introducindo ós nenos no mundo creativo que envolve os álbums ilustrados ata facelos partícipes na elaboración de imaxes e ilustracións.

“O meu pesadelo favorito”
María Lires na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés no Día da Ilustración.
Obradoiro creativo coa ilustradora onde 20 nenas e nenos de 4 a 10 anos participaron activamente do Día da Ilustración. En conxunto, a actividade resultou bastante interesante cunha valoración positiva da ilustradora.
Das observacións dos pais teremos que cambiar o espazo de realización, porque había moito barullo e a idade dos participantes, que debería ser máis uniforme.
Visita o noso blog da sala infantil: BLOGGIT

O mércores 21 de Abril na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano da Coruña, tivemos un obradoiro de ilustración creativa arredor da figura duns divertidos personaxes de conto: os Pelelliños.
Da man do escritor e ilustrador Anxo Fariña, neste obradoiro, enmarcado dentro do Programa Ler conta moito, inventamos novas historias e deseñamos novos Pelelliños cunha chea de debuxos e risas.
A actividade está enmarcada dentro da Mostra Bibliográfica #Ilustrarte, na Biblioteca do Forum Metropolitano, dedicada ós ilustradores galegos.
Xosé Tomás visitou a Biblioteca Ánxel Casal para impartir o seu obradoiro de Ilustración de Banda Deseñada, onde coñecimos as orixes desta arte.

Aprendimos a usar os diferentes códigos característicos, viñetas, cartuchos, elipses narrativas, pero tamén coñecimos outros como os raccords, ou a montaxe das planas.

O éxito do obradoiro veuse reflectido nas propostas dalgúns dos asistentes para os que o obradoiro debería ser continuado con talleres sobre os outros procesos posteriores ao de debuxar as historias.
Más información sobre este evento aquí.
Día 24 de outubro de 2014 das 10 da mañá á medianoite, na biblioteca de Escairón
Para celebrar tan magnífica data, na biblioteca decidimos non pechar en todo o día. Collemos aire, e desde as 10 da mañá ata a medianoite tivemos un amplísimo surtido de actividades, empezando con varias visitas guiadas escolares durante a mañá, nas que coñecemos mellor a nosa biblioteca como espello ou retrato do que é o noso concello. A mediodía seguiu vindo xente, e pola tarde collemos aínda máis alento para continuar con:
-papiroflexia: aprendemos a forrar libros con papel e a facer unha grúa
-xogos de contos: presentamos un conto e dixemos de que trataba
-xogos de adiviñas: demos pistas sobre as personaxes e o argumento dun conto para que os demais adiviñaran de que conto se trataba
-merenda: merendola para coller forzas para o que quedaba de noite por diante, que aínda era moito
-proxección: vimos, da man de Teatro Buratini, o conto Marie e as estrelas que se empezou a facer no obradoiro O lapis máxico, e o da Cincenta elaborado noutra biblioteca, dentro do repertorio do programa Ler conta moito. Lembramos que o libro está dispoñible na biblioteca para que quen quedara coa intriga de como segue a historia poida ler o final.

Vemos o comezo da historia de Marie e as estrelas.
Para saber como acaba, teremos que ler o libro da biblioteca.
-truco fantasmagórico: aprendemos a preparar un efecto asombroso de pantasmas atrapadas nunha botella
-xogo colaborativo das cadeiras: fomos perdendo cadeiras, pero ninguén podía quedar sen asento, e así conseguimos sentar ata a 8 persoas nunha soa cadeira
-da man de Xanela Ocio, cos seus Contos ao revés, dentro do repertorio do programa Ler conta moito, coñecemos as historias de Tarzana, O lobo Carapuchiño, e o de Brancaneves e ‘Os 7 Alieníxenas’

O rei do País da Fantasía quedou moi, moi, moi, pero que moi satisfeito coa reverencia
que aprendeu a facer todo o público para saudalo.
Tanto, que nos presentou á súa filla, quen lle axudou a contar varios contos, pero non uns contos normais,
senon contos de sempre que sufriron unha transformación dentro dun baúl máxico.

Descobrimos como Tarzana loita por se converter na raíña da selva a pesar da
oposición dalgúns animais contrarios a que unha muller ocupe ese posto.
Realmente, Tarzana mereceu ser declarada a raína da xungla.
-outro efecto máxico: as tintas sicodélicas e danzarinas que nos deron un pouco de fame que paliamos con un “piscolabis” nocturno
-como despedida (tamén dentro do repertorio do programa Ler conta moito) O Correo do Vento foinos desvelando O misterio do pirata Benito Soto ó longo do último tramo da noite. Deixárono plasmado magnificamente nas ilustracións feitas en tempo real ás que lle demos color entre todos como despedida despois de retratar cada participante ó pirata seguindo as indicacións. Esas ilustracións coloreadas quedaron expostas decorando as paredes da biblioteca

Acompañamos a Roque e a Pé na súa investigación sobre o pirata Benito Soto, para descobrir
cal era o misterio que se agochaba detrás do mapa do tesouro do Pirata Benito Soto…

Desvelado o misterio, aprendemos a debuxar piratas con pata de pau e parche nun ollo

Para agradecer que nos ensinara a debuxar piratas, axudámoslle a colorear entre todos,
os debuxos cos que nos retratou a historia do Misterio do Pirata Benito Soto


Séguenos