“Conto para escoitar mentres bailamos un valse“con Caxoto contacontos na B.P.M. “El Viejo Pancho” de Ribadeo
Hoxe venres pola mañá, visitou a nosa biblioteca un dos grandes directores de orquestra do mundo, pensando en dirixir a uns músicos profesionais. A súa sorpresa foi grande ao atopar nenas e nenos do 1º curso de educación primaria dos dous colexios de Ribadeo sen ningún instrumento musical. O público esperaba un conta contos, así que o director decidiu relatarlles a viaxe que fixo unha nena chamada Sabela a través dun gran número de instrumentos musicais: pandeireta, castañolas, frauta de nariz, acordeón, turuta … para finalizar coa gaita. Nesta actividade Caxoto relata a orixe da paixón de Sabela pola música despregando a súa destreza no manexo de clásicos e insólitos instrumentos musicais.


















Séguenos