O Mago Paco na Biblioteca de Riotorto
O luns día 9 de setembro estivo na Biblioteca de Riotorto ” O mago Paco” co seu espectáculo: Unha maxia diferente.
O mago Paco tratou de forma moi didáctica o tema da Igualdade e a Violencia de Xénero a través de contos e cos seus trucos de maxia, maxia que deixou abraiados tanto a nen@s como aos pais e nais que os acompañaban.
Durante a actuación o Mago Paco fixo un espectáculo moi dinámico invitando a participar aos asistentes, que colaboraron de forma activa facendo moi entretida e divertida a sesión.





















Séguenos