Anxo Fariña na B.P.M., Ánxel Fole de Nós (Oleiros) con DULCINEA, A NENA CABALEIRA
O venres 25 de setembro puidemos disfrutar na biblioteca de Nós da compañía do autor e ilustrador Anxo Fariña que nos contou a historia de Dulcinea e foi quen de transformar as nenas e nenos asistentes en serea, unicornio, lobishome … sempre sobre o papel, claro, retratos que despois levaron ás súas casas.
Foi unha sesión moi divertida na que nenas e nenos quedaron con ganas de máis contos e máis debuxos.




O venres, 25 de setembro, Charo Pita agasallounos con historias sobre mulleres aventureiras reais e ficticias, aderezadas con algunha canción.




A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.




Séguenos