“Fantasía coas palabras” en Ribeira


Fermoso conto para a igualdade ,con él pódese traballar as emocións dos nenos e facer que desenrolen un pensamento crítico.
Este martes 24 de maio, fixemos un percorrido da man de Yolanda Castaño dende os seus inicios, sendo unha cativa que admiraba a Rosalía e soñaba con crear poemas como ela, á muller poetisa que é hoxe, cunha carreira imparable, eso sí, con gran esforzo, reinventándose cos anos sen decaer ata poder vivir da sua obra poética.
Agardamos ter máis oportunidades coma esta de gozar coa súa poesía.
O sábado chegou a nosa biblioteca “A verdadeira historia de Hamelín”. Un contacontos baseado no clásico “O frautista de Hamelín” onde con técnicas de circo como malabares e equilibrios o artista conseguiu meter no peto a todo o público. Foi unha actuación moi dinámica e moi divertida onde os máis pequenos e pequenas participaron grazas o gran traballo que fixo o o artista. Se dubida unha actuación para repetir.
Contos e cantos de como coidar a nosa terra.
E para celebrar o Día das Letras Galegas o pasado 22 de maio tivemos contos, música e caricaturas para coñecer dun xeito entretido e didáctico a obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha actividade moi completa. Nenas, nenos e persoas acompañantes descubriron ademáis o ben que debuxan unha caricatura. E Florencio quedou con nós na biblio.
Caxoto visitou Salceda de Caselas,na tade de onte 26 de maio e trouxo un Manual para deitarse…e durmir!
Un espectáculo de aventuras e misterios no que os nenos e nenas irán para a cama sen decatarse.
Todos… papás, mamás e crizanzas descubriron que o momento de apagar a luz e durmir pode ser moi divertido.

Chega á fin maio, e na Biblioteca Municipal de Culleredo rematamos as actividades do mes das Letras Galegas á procura de biosbardos. Foi onte, xoves 26, na compaña de Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto. E foi marabilloso e formidábel





A maxia visual chegou á Biblioteca Rialeda. Marcos provocou a sorpresa dos asistentes elaborando figuras e paisaxes con area, proxectada, despois, na pantalla. O debuxo guiou a narrativa, acompañada con voz e cun fondo musical e cromático axeitado a cada conto. 


No día de onte achegáronse ate a nosa biblioteca o equipo de Ciencia Divertida a ensinarnos como experimentar de xeito seguro coa ciencia a través do Método Científico.

A cativada desfrutou moitísimo realizando experimentos, aprendendo vocabulario científico e divertíndose ao mesmo tempo.
Esperamos volver repetir a experiencia co equipo de Ciencia Divertida, e que na próxima visita nos volvan sorprender con experimentos tan chulos como os que nos trouxeron onte.



Séguenos