O espectáculo de maxia e son estivo moi animado pola presenza de moitos nenos e nenas que gozaron cos trucos e xogos visuais do mago xunto ao acompañamento do baixo. Os nenos participaron no espectáculo axudando ao mago.


O pasado venres 15 de maio, dentro do programa Entre arrolos e contiños que mensualmente organizamos na biblioteca, contamos coa presenza de Bea Campos e Davide González nunha nova sesión dos Contos do Chupete!
Foi unha tarde do máis divertida, como sempre chea de contos e música que fixeron gozar aos máis pequenos da biblioteca!
Entre arrolos e contiños. Os contos do Chupete
Próxima sesión: venres 19 de xuño | 18h
*Inscrición a partir luns 1 de xuño a partir das 17.00h
O sábado 16 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións).
A actividade “Conto Contigo” resultou interactiva, participativa e moi divertida para todos os nenos/as.
Comezamos a celebración da semana das LETRAS GALEGAS 2015, e o Programa LER, CONTA MOITO con Marta Ortíz que presentou “CORES: Contos con obxectos de reciclaxe e música””
Os nenos de Touro coñeceron a historia de Violeta e a súa familia e grazas a eles descubriron que os problemas teñen solucións e os soños poden ter as cores que queiramos.
A continuación un músico, Álvaro Muras e un mago, Martín Camiña con “MaxicoSons, unha aventura entre libros” promoven a lectura cun formato orixinal, interactivo e divertido.
Nenos e maiores puideron desfrutar dunha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura cos seus xogos máxicos e musicais.
Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
Teatro Calavera estivo na BPM de Camariñas coa obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro creativo de magadalenas con fondant.
Resultaron exitosas as dúas actuacións. Os nenos/as gozaron tanto da obra coma facendo as súas creacións coas magdalenas. O grao de satisfación foi moi alto. A escenografía moi traballada e a posta en escea impecable.

Seguindo coa programación de Ler Conta Moito deste ano 2015 en BiblioPazos tivemos con nos o pasado venres 15 de maio, ás 11:00 da mañá, aos alumnos de 5ª de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos co obxecto de celebrar o Día das Letras Galegas. E fixémolo co obradoiro “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” dos nosos amigos de Eduvia.
Durante unha hora e media a través de dirvertidos xogos por equipos (“Maria Mariño”, “Rosalía de Castro” e “Anxel Fole”) no que lanzando un dado enorme, por quendas, os participantes ían realizando as probas indicadas -pictionary, a crear, sorpresa…- todas relacionadas co Día das letras Galegas, coa súa historia, e cos autores homenaxeados ao longo do tempo, con especial atención ao deste ano, o historiador, escritor, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Unha divertida, animada e participativa forma de aprender cunha actividade na que o pasamos moi ben.
Aquí deixamos unha mostra…
Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Magin Blanco, autor de libros de cancións infantís como “A nena e o grilo nun barquiño” ou “Gatuxo” e colaborador noutros como “María Fumaça” ou “Xiqui xoque, fiú fiú” estivo sábado 16 de maio na Biblioteca Municipal do Grove.

Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, da Rosalía pequeniña… e quen sabe se algunha outra sorpresa nos trouxo este músico, que nos levoucoas suas creacións a tantos lugares como soñamos.

Unha mañá moi musical e entretenida na compañía de Magin Blanco. Hora e media de cancións e diversión na que grandes e pequenos cantaron, tocaron palmas e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista nunca biblioteca abarrotada.



Séguenos