Cantacontos para bebés. PABLO DÍAZ na Biblioteca Municipal Os Templarios, de Cambre


Pablo Díaz fíxonos pasar unha tarde marabillosa. Contos contados e cantados, sempre coa música como fío conductor. Comeza con Paco, de Paula Carballeira, interactuando desde o primeiro momento co público asistente. Logo os de Antonio Rubio e Óscar Villán, Lúa, Crocodilo, Piñeiro… Tamén Boas Noites, ese conto tan inolvidable en forma de maleta. E na última parte da sesión as súas propias cancións do libro-disco Toc-Toc.
Hai que destacar a gran calidade desta actividade. Pablo Díaz consegue un clima estupendo entre público infantil e adulto, coa participación activa das familias en todo momento.
Moi, moi recomendable. Fantástica.




















Séguenos