Paco Nogueiras na Biblioteca de Lorbé
Onte na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) non deixamos de cantar, bailar e rir grazas á visita de Paco Nogueiras coa sesión Brinca Vai! De aquí a acolá. Foi unha tarde estupenda!


Onte na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) non deixamos de cantar, bailar e rir grazas á visita de Paco Nogueiras coa sesión Brinca Vai! De aquí a acolá. Foi unha tarde estupenda!


O xoves 21 de setembro a rapazada que se achegou á biblioteca de Bertamiráns puido gozar dun ratiño de Lonxetodo que visitou a nosa biblioteca cunha maleta cargada de contos e música dos que desfrutamos un montón!

O pasado mércores 20 de setembro puidemos gozar dos contos dun dos ratiños de Lonxetodo na biblioteca do Milladoiro. Unha marabillosa tarde de narración para comezar este novo curso!!
Os máis pequenos da casa pasaron a tarde bailando e cantando na Biblioteca de Carral.
Patricia de Eduvía compartiu con nós versos e cancións.
Pasámolo xenial grandes e pequenos!!!!

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.
Personaxes de conto, astronautas, cápsulas do tempo, tormentas de ideas e ata o mesmo don Quixote ou Xulio Verne desfilaron polo Teatro das Torres nunha sesión de maxia e escapismo. Un público entregado e moi participativo que non dubidou en sair cando se pedían voluntarios ou voluntarias.
Os libros foron os grandes protagonistas deste espectáculo no que se procurou transmitir a maxia e o poder das historias que neles viven.
Ao remate, moitos nenos e nenas subiron ao escenario para sacar unha improvisada foto coas integantes do grupo Leo Leiño rodeados e rodeadas dun colorido manto de confeti.

Empezamos



O sábado 9 de setembro, gozamos en Laxe do Megaobradoiro de Globoflexia dirixido por Ian e Elisa que foi do máis divertido!
Pequenos/as e maiores aprendemos a facer varias formas cos globos: coroas, cans, serpes, espadas… E iso non foi todo!
Tamén houbo espazo para a música, os contos e a maxia, que, sen dúbida, fixeron que a cita fose dun dez!

O Mago Paco visitou o edificio da Biblioteca Municipal Antón Zapata e Salón de Actos Culturais o pasado sábado, 2 de setembro, deste 2023.
Pequenos/as e maiores, descubrimos e gozamos co seu espectáculo de “Maxia divertida, Contamaxias” a través do que nos amosou a maxia que agochan moitos dos contos e historias atopamos nos libros!
Un espectáculo cheo de humor e participación que non deixou a ninguén do público indiferente!

O pasado venres 15 de setembro achegouse ata a B.P.M. “Camilo Gonsar” de Sarria, o actor Fran Campos coa súa amiga Filipa para representar a obra “Filipa cos contos”.
Os dous contadores subiron a escea para narrar dende a súa propia experiencia distintos contos tradicionáis.
Maiores e pequenos disfrutaron das canción e as historias acompañadas de humor.

O día 15 de setembro recibimos a visita de Emilia, unha gata moi curiosa que está farta de facer sempre o mesmo. Decide emprender unha viaxe en autobús acompañada de todos os nenos e nenas presentes e os vai transportando por diferentes cidades e aventuras creadas conxuntamente. Espectáculo dinámico, interáctivo e moi divertido con música, baile…





Séguenos