
Hoxe Luns 5 de Outubro camiñamos xuntos polo mundo dos contos da tradición oral da man da contadora Charo Pita. Coa súa sesión de contacontos “Andando polo carreiro” foinos narrando belas historias encadeadas con música para non perder o ritmo dos contos.

O domingo 4 de outubro visitounos en Catoira Mere Clown, co seu espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín”, unha versión ben diferente á que todas/os coñecemos.
O humor e números de malabares tamén formaron parte dun espectáculo no que o artista interactuou constantemente co público infantil.


As familias asistentes disfrutaron dun concerto literario impartido por Xoán Curiel



Que mellor estimulación sensorial para os bebés que os xogos ao son da música e os arrolos tradicionais.
De todo isto gozaron os pequerrechiños de Moeche, as súas nais e outros familiares, o sábado, día cinco, na Biblioteca de Moeche, nun obradoiro a cargo de Esperanza Mara, de EmanArte
A compañía teatral Elefante Elegante trouxo a Carral a fermosa función de O Xigante, un contacontos que fala de partillar nuns tempos onde a pandemia non nos deixa facelo. Con este espectáculo
rematamos na nosa biblioteca a programación 2020 de Ler Conta Moito, na que puidemos gozar da presenza e actividades de María Canosa, Andrea Barreira, o contacontos sensorial de Eduvía e o de Elefante Elegante de onte. As actuais circunstancias non posibilitaron os niveis de afluencia desexados, mais estamos seguros de que axiña poderemos volver encher a nosa biblioteca para desfrutar deste tipo de actividades.
Este venres en Teixeiro, recibimos a visita de Fran e Filipa.
Foi unha tarde moi divertida, onde nos fixeron rir moito coas súas historias e cancións.

Pavís Pavós trouxeron ata a biblioteca do Ézaro as Historias da Marquesa, que aprenderon gracias aos libros que lles deixou en herdanza a súa avoa.
Nos libros agóchanse incribles historias, algunhas delas…de medo.

O sábado 3 de outubro na ALM Berdeogas escoitáronse uns contos de meeedo…
Brais das Hortas achegounos a súa música, o seu humor e uns contos que, ademais de facernos caghar patatillas, alegráronnos a tarde e fixéronnos mover o esqueleto e afinar a gorxa.

A mañá do venres 2 de outubro visitounos na ALM de Dumbría unha galiña ben especial.
As crianzas escoitaron o conto da galiña e gozaron cun obradoiro no que elaboraron a súa propia plastilina coa que lle deron vida a uns oviños moi orixinais.



Séguenos