O xoves 15 de maio no CPI Pontecarreira tivo lugar a representación de “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”
Despois da representación realizouse un obradoiro de decoración de bolechas.
O martes 13 de maio o alumnado do IES Pontecarreira participou no “Animalario Fantástico” un obradoiro plástico-literario que lles permitirá elaborar un animalario.
O pasado 3 de maio, a Biblioteca Ánxel Casal trasladou a súa Choiva de Contos ao recinto da Feira do Libro de Santiago de Compostela, invitando a Carmen Domech a facer o seu contacontos, PASTOREANDO ALEGRÍAS.
Carmen contou catro historias. Na primeira, unha lebre, unha cabra e outros animais eran os protagonistas dunha nova versión do Coellinho branco.
Na segunda, a contadora foi describindo a través dun gran libro de trapo as diferentes ubicacións do pelo no corpo humano. As rimas e as divertidas ilustracións fixeron que o público morrera da risa.
Na terceira historia, a contacontos levaba un Libro-rolo de tea, e mentres ía contando, ía tirando do rolo onde diferentes esceas ilustradas mostraban o conto.
E na cuarta historia, valeuse dun panel vertical, tamén de tea, onde aparecían os distintos animais do conto popular “Unha vella tiña un can”.
As nenas e nenos estiveron moi atentos e pediron moitos máis contos. Para ver esta actividade no Facebook da biblioteca preme aquí.
Os nenos participantes no programa “Leer Conta Moito” festexan o Día das Letras Galegas cortando, pegando e pintando versos en galego da poesía de Díaz Castro “Esmeralda” coa axuda de Larraitz.
As 12 horas do día 15 de maio tivo lugar, na biblioteca municipal, a actividade “Fala Xosé!” a cargo de Helga Méndez García, de Maquinarias Teatro. A representación que estivo dirixida a un grupo de escolares do municipio, achegou, ós nenos e nenas asistentes, á figura e á obra poética de Xosé María Díaz Castro.
O espectáculo gustou moito ó público asistente. Tanto ós nenos e nenas como ós profesores que os acompañaban.
Este venres, día 16 de maio, o grupo Ouriol levou a cabo un recital poético- musical da obra Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, para o cal cada poema era musicado cunha ambientación musical creada para cada poema, facéndoo chegar dunha forma impresionante os poemas aos receptores.
Marabilloso recital que engaiolou ao público asistente.
Raquel Galavís achegou ata a biblioteca municipal do Grove o seu espectáculo Cantacontos, onde a narración oral ía acompañada da proxección de imaxes e a música dunha guitarra en directo.
Durante a narración dos tres contos, Raquel interactuóu co público asistente, que cantou e bailou e axudou a desenvolver episodios das historias.
Ao final todos os nenos e nenas, así como as nais e país asistentes, cantaron e bailaron xuntos ao ritmo da música da Tarara. En definitiva, unha divertidísima tarde de venres na biblioteca do Grove.
Divertida actividade levada a cabo por Viravolta Títeres na biblioteca pública de Oroso, donde os máis pequenos disfrutaron aprendendo a facer marionetas con papeis de diversos cores e que puideron levar á súa casa.
Séguenos