BEBECONTOS NA BIBLIOTECA DE CARRAL
O pasado luns, visitaron a nosa biblioteca as compoñentes de Forma Teatro, que nos presentaron Bebecontos de Choupiña e Trasnón.
Os máis pequenos da casa gozaron coa música, contos e xogos…
O pasado luns, visitaron a nosa biblioteca as compoñentes de Forma Teatro, que nos presentaron Bebecontos de Choupiña e Trasnón.
Os máis pequenos da casa gozaron coa música, contos e xogos…
Onte celebramos na biblioteca de Ourol o Día da Poesía cun obradoiro de Zentangle. Os asistentes aprenderon as técnicas básicas para poder realizar os debuxos de forma sinxela, fomentando a tranquilidade e a relaxación e potenciando a creatividade e sensibilidade artística.
Unha actividade totalmente recomendable, os nosos/as usuarios/as quedaron encantados e con ganas de máis!!

Onte, martes 21 de marzo, a Biblioteca Viaxeira desprazouse ata o cole de Castrelo para celebrar co seu alumnado o Día da Poesía.
Jorge e María percorreron algunhas das letras do abecedario para, con cada unha, facer fermosas e divertidas cancións como a do hip hip hipo! a do corazón… ou a da nai marciana!
Os rapaces pasáronno en grande e mesmo se arrincaron a cantar e bailar!



O venres 17 de marzo na biblioteca de Sober celebramos por adiantado o Día da Poesía. Estivo con nós Manoele de Felisa , cantautor galego con diferentes traballos publicados, que ofreceu o seu traballo achegando aos cativos e ás cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais, e nos fixo pasar unha tarde fermosa tanto para o público infantil coma para os maiores. Interpretou poemas de Xosé Neira Vilas e de Rosalía Morlán, do seu libro-disco “Canta a lúa coas estrelas“.
O pasado venres, 17 de marzo, a Biblioteca municipal de Cerceda recibiu a visita da Duende Dada e as súas historias e contos. Pásamolo en grande!!

Duende Dada na Biblioteca da Silva (Cerceda)

Duende Dada o venres 17 de marzo na Biblioteca da Silva (Cerceda)

Celebramos a entrada da primavera coa contadora Celta Figueiras. Os nenos encantados. Trátase dunha sesión de contacontos dirixida ao público infantil. Divertida e amena sesión de contacontos para comprender o sentir das estacións na súa plenitude.Grazas.

Contacontos de primavera.


O pasado sábado a Biblioteca Municipal de Quiroga, dentro dos actos de celebración do Día da Poesía, contou coa actuación de Sarabela Teatro co seu espectáculo “Conto Express”.Este espectáculo, dirixido a público infantil, resultou moi interesante tamén para os adultos acompañantes por ser dinámico, participtivo e formativo.
Un espectáculo cantado e explicativo polo pergamino Vindel e as 7 cantigas de Martín Codax.
Interpretaron cantigas coa súa nota musical orixinal acompañadas dunha reinterpretación.
Coincidindo coa semana Internacional da Muller fixeron un percorrido polas cantigas máis sobresaintes das mulleres galegas.


O sábado 11 de marzo, ao longo dunha sesión longa, os mozos e mozas achegáronse a xogos e dinámicas de improvisación para crear contos e historias. Fíxérono dun xeito lúdico, divertido e creativo, que suscitou grande interese e atractivo desde o comezo entre a mocidade.
Asistiron 20 mozas e mozos. O obradoiro continuará o día 18 e está previsto realizar na festa do teatro do venres 31 de marzo unha improvisación teatral e creación de novos contos para o público asistente.


Séguenos