Obradoiro creativo “Arte nos libros! Con Velázquez, a cargo de Crearte Servizos Culturais
¡Todos quedaron encantados!
Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros nos que os rapaces interpretan imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexión entre as artes visuais, a literatura, a historia e mesmo as matemáticas. Paixón pola arte e os libros!
Contacontos: “Animaliños”, a cargo de Eduvia (Vías para a Educación)
O duende Dada, deleitounos cun repertorio de contos marabillosos nos que os protagonistas son os animais. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector, así como o respecto pola natureza e o amor polos animais. O título desta contada homenaxea unha das obras de Roberto Vidal Bolaño.
Entrada de balde, ata completar aforo
·
1 15 de novembro, venres
Os nenos de Coirós gozaron con Xanela ocio e animación.
Tarde de conto na que os nenos foron os protagonistas.
O 24 de outubro celebramos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia o Dia da Biblioteca e o 50 aniversario da creación da biblioteca cun contacontos da man de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, un espectáculo de luces e sombras. Despois repartimos libros a todos os asistentes e celebramos o aniversario cunha tarta.
O día 20 de setembro visitounos Fátima Fernández, e nos contou o máis clásico dos contos infantís, os reis, os príncipes e princesas, as súas debilidades e fortalezas. Fátima Fernández deleitou ao nenos e nenas coa súa simpatía e sentido do humor.
21 de nenos de 2 anos da escola Infantil viñeron a Biblioteca para escoitar os contos de Charo Pita. Esta logrou que durante 40 minutos o silencio e atención invadiran o espacio. Os 21 rapaces pasárono moi ben e quedaron con ganas de mais. Con esta actividade púxose fin o mes das Letras Galegas e o programa Contos Miúdos que dende hai 5 anos ven realizando esta Biblioteca ca Escola Infantil A Ceboliña de Miño
Combinación de relato fantástico con cancións, unha posta en escea espectacular cun son escelente e un dominio perfecto da atención dos pequenos
Chapeu, maletas, animais, contos, magia…. mezclados con moito mimo, que conseguen captar a atención dos asistentes en todo momento
Séguenos