O venres 15 de maio, co gallo da celebración do día das Letras galegas, pais e nen@s participaron nun divertido xogo por equipos, onde as preguntas versaban sobre a figura de Filgueira.

Para celebrar o día das Letras Galegas, o día 20 tivemos na biblioteca CANTACONTOS con Raquel Galavís. Disfrutamos moito cos seus contos, cancións e bailes.
O pasado 14 de maio na Biblioteca Ágora celebramos dunha forma especial o Día das Letras Galegas, data simbólica na que poñemos en valor como pobo o feito de contarmos cunha identidade, cultura e lingua propia. A forma escollida desta volta foi unha sesión de narración oral que desenvolveu Avelino González para os nenos e nenas de 6º de EP do CEIP San Pedro de Visma.
O recoñecido actor galego de teatro, cinema e televisión conseguiu captar toda a atención dos asistentes coas súas historias dramatizadas, cun pé no real e outro no ficcionado. Para alén da súa capacidade de envolver con palabras aos mozos e mozas, quixo tamén facelos partícipes das historias interaccionando con eles en diversos momentos da sesión.
A actividade resultou un verdadeiro éxito, tanto polo dinamismo e viveza coa que se desenvolveu como pola propia valoración dos alumnos e alumnas asistentes.
As actividades da biblioteca comezaron o venres 15 de maio pola mañá cunha sesión de contacontos para os nenos e nenas do CPI a cargo de Marisa Irimia, quen lles mostrou toda a riqueza da tradición oral galega. Contos recollidos aquí e alá, contos escoitados dende nena nas sobremesas da casa dos avós, contos de animais e e contos de tema marabilloso, desenredados dende a saudade de Ramón Piñeiro; unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo.
O día 18 de maio, continuando coa programación das Letras Galegas a Biblioteca contou coa actividade “Fotoconto”, os nenos asistentes convérteronse en protagonistas dun conto, tiñan que escoller diversas palabras coas que artellar a súa propia historia na que as súas fotos foron as ilustracións do conto. Foi unha actividade chea de imaxinación e creatividade. Mentras os pequenos poñían toda a imaxinación as nais levaban máis dunha agradable sorpresa coas recreacións dos seus fillos.
![20150518_190035[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2015/05/20150518_1900351-300x180.jpg)
![CAM00501[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2015/05/CAM0050111-300x200.jpg)
O domingo día 17 de maio para festexar o Día das Letras Galegas, Migallas Teatro representaron o espectáculo “Merenda con pan de millo”, con narracións e cancións propias e tradicionais.
Os espectadores estiveron moi participativos cantando e bailando, tanto nenos como adultos.
A posta en escena foi sorprendente e cautivadora.
Raquel desenrolou a actividade a través de tres contos onde duendes, músicos e chivos fixeron a súa aparición.
Todo iso con música en directo.
Máxia Cómica de Leo Leiño. Salón de actos do Edificio Sociocultural de Pantón. 15 de maio de 2015 

Que habería nesa maleta que traía Raquel Queizás? O que había na Maleta da Avoa eran moitos contos, de mouras e ouro, de trasnos e ogros papóns, contos de cantar e de papar.
O sábado, 16 de maio ás 12.00 h a Biblioteca de Riveira encheuse de nenos e nenas (e tamén de mamás, papás, avós, avoas…) que miraban curiosos para a misteriosa maleta. Comezou Raquel a contar cousas, a cantar a falar, e o público cos ollos arregalados viu como aparecían bonecas nacidas das mazarocas do millo ou culleres de pau que falaban coma nenas.
Unha mañá preciosa de contos de sempre para os nenos e as nenas de hoxe.


Séguenos