Raquel Queizas volveu a Biblioteca a compartir con nos as súas historias, co seu traballo “Orixe”. Biblioteca Pública de Pontevedra, venres 30 de maio.
Estes son os resultados dunha tarde moi creativa na Biblioteca Pública de Pontevedra dedicada a Xosé María Díaz Castro (Letras Galegas 2014). Gústavos?— con Kike Mauricio Iglesias, Rober Tab Pu y Carlos Taboada Bibliotec Pública de Pontevedra, venres 23 de maio.
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
Tareixa e Xacobe, voces de conto, agarimo, historias,…que máis se pode pedir?
Día 6 de xuño de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Da man de Noemí López desfrutamos do obradoiro Contando con imaxes, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da ilustradoraós asistentes, quen os invitou a non ter medo a debuxar e a que non entraran en pánico por non ter unha gomiña de borrar.
Entre todos, grandes-grandes e pequenos, creamos unha nova versión de Brancaneves.
Aprendemos a representar as expresións máis frecuentes: risa, terror, tristeza,…
De feito, cando estaba rematando o obradoiro, a ilustradora toleou e empezou a facer raias e máis raias, sen xeito… Pero tiña unha explicación mooooi lóxica: estaba intentando descubrir como lle gustaba máis a personaxe, e un truco para non emborranchar todo: non marcar moito co lapis, para poder borrar ó rematar despois de repasar as liñas definitivas con rotulador.

Tanto os adultos participantes coma os máis pequenos desfrutaron da experiencia e sobre todo de comparar as obras duns e outros ó rematar.
Pero só os máis pequenos se animaron a posar coa ilustradora.
Hoxe na biblioteca de Esgos puidemos desfrutar do espectáculo de contacontos e maxia “Conto contigo”, ó que asistiron 20 nenos e nenas.
Tanto os nenos e nenas como os maiores que os acompañaron quedaron moi contentos co espectáculo e esperan repetir pronto.
Olga e Carmela, de ETNOGA, prepararon un percorrido pola biblioteca emulando un paseo por Santiago…

…. e con Rosalía en escea, comeza o xogo!

Repasamos a historia de Compostela e lemos poemas das nosas autoras favoritas: ademáis de Rosalía, lemos a Ana María Fernández, Dora Vázquez, María Victoria Moreno, Pura Vázquez e Gloria Sánchez García.

Rematamos outra vez no centro da sala, sentados nunha roda para non esquecer o noso paseo pola biblioteca
O luns, 9 de xuño, ás 18.30 h. a narradora Charo Pita deleitounos no Teatro das Torres anexo á biblioteca , co seu traballo “Contos de amor, erotismo e morte”, unha sesión de contacontos para mozos/as, adultos/as.
Cunha fermosa melodía modulada coa súa voz, comenzou as historias da tradición oral que sobre a vida, o amor e a morte, con certos toque de fino erotismo relatou durante unha hora. Un rosario de contos que fixeron as delicias do público que asistiu ó acto, maioritariamente asistentes ás tertulias literarias (clubs de lectura) que teñen lugar no Sistema de Bibliotecas do Concello.



A actividade que forma parte do programa Ler conta moito da rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración co Concello de Oleiros, completouse cunha pequena exposición das obras que temos na biblioteca de Charo Pita, tanto infantís como de adultos.
O pasado xoves, 5 de Xuño, tivemos a visita da Asociación Garabullo na Biblioteca de Darbo. Desfrutamos moito co seu espectáculo de monicreques, “Unha pinga de mel”, co cal aprendemos cousas moi interesantes do mundo das abellas e ó rematar tivemos un obradoiro de creación de velas moi divertido.
O pasado Xoves 5 de Xuño dende ás 11:00 horas tivemos con nos Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS a actividade de animación á lectura “A CIENCIA É DIVERTIDA” con Ana Romero Porto “Nita”.
Participaron case 50 alumnos de Educación Infantil do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
A 1ª sesión foi de 11:00 a 12:00 horas cos alumnos de 3/4 anos; e a 2ª sesión de 13:00 a 14:00 horas cos alumnos de 5/6 anos.
Misturando a ciencia e a narración de varios contos foron realizándose varios experimentos con utensilios da vida cotiá, moi sinxelos, que serviron para fomentar a aprendizaxe mediante a manipulación e a observación.
Os asistentes quedaron asombrados vendo como se inchaba un globo sen aire, cómo se enchía un vaso de auga e ao poñerlle unha carta facendo de tapón a auga non caía, como a partir duns escarbadentes se formaban estrelas…
Este foi o resultado.
O pasado día 31 de maio, estivo Carmen Domech na Biblioteca Pública de Riveira coa obra “Contacontos de libros contentos”. A actuación durou pouco máis de unha hora e estivo moi animada. Asistiron uns 30 nenos e 15 maiores que o pasaron moi ben como se viu pola súa reacción e os comenntarios feitos á autora. Carmen tamén valorou ben a actuación


Séguenos