Feliz Día da Biblioteca!



Moi ben o pasamos con Don Fascículo!, porque como el di… Todo está nos libros! E así foi como axudamos a Xoel e Sabela na casa dos libros, mesturando adiviñas e bailes!



Moi ben o pasamos con Don Fascículo!, porque como el di… Todo está nos libros! E así foi como axudamos a Xoel e Sabela na casa dos libros, mesturando adiviñas e bailes!

Para conmemorar o día da Biblioteca, tivemos en Monterroso á contacontos Cris de Caldas co conto A bibliotecaria estrafalaria 2.0”, onde @s asistentes gozaron e participaron activamente cos contos de esta bibliotecaria chamada Candelaria.
Espectáculo de maxia, para todos os públicos, realizado polo mago Oscar Fernández no Salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo con temática do Samaín.

O 24 de outubro Dia das Bibliotecas, nenos e as súas familias da Escola Infantil A Galiña Azul, achegáronse a celebrar con nos este día cun bebeconto titulado “Unha tarde con Dori” de Batucado&Emusin.
O espectáculo infantil fixo as ledicias dos nenos que o pasaron en grande no seu primeiro contacto co mundo dos contos.

Xa que esta semana na biblioteca de Salceda de Caselas celebramos a semana da biblioteca que mellor que empezar cos máis pequeniños , os bebés.
Bea de Migallas Teatro contoulles divertidas historias e cantoulles cancións da aldea do queixo fresco onde viven os ratiños de conto.
Una tarde moi divertida onde papás, mamás e bebés gozaron en familia desta proposta e marcharon moi ledos para as súas casas dende a biblioteca.


Hoxe é o Día das Bibliotecas! Para celebralo os nenos e nenas de 1º e 2º do CPI de Pontecesures gozaron da representación teatral da Loba Antea. Foi moi divertido!
Esta obra é a última actividade de animación á lectura que realizamos dentro do marco Outubro, o mes das bibliotecas.




Hoxe ,día das bibliotecas disfrutamos moito , coma sempre que nos visita esta gran artista Paula Carballeira
Con contos participativos o 80 por cen do tempo,logra manter sempre a atención e o interes do público tanto de ne@s como de adultos porque a capacidade de comunicación de Paula é impresionante e o tempo corre escoitandoa.
Hoxe 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca no Auditorio Baldomero Cores cas unitarias de Brens e A Pereiriña e os colexios Vila de Cee e Manuela Rial Mouzo. Pasamos unha mañá do máis estupenda ca representación da obra A Pita Xefa da man de Títeres Alakran, unha adaptación do conto homónimo de Marta Lado.
Unha historia moi divertida e reivindicativa que lle encantou aos nenos.
Feliz día das Bibliotecas!

Esta semana celebramos o Día da biblioteca. Onte magnífica tarde a cargo de Caxoto dos contos. Unha antoloxía de contos, cantigas, rolos que captaron a atención dende o principio da actuación, dos máis cativos e non tan tanto….. Moitas gracias a todos e Feliz Día da Biblioteca Pública.

Día 24 de outubro de 2024 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 10:30 na biblioteca
Reunímonos pais, nais, avoas, profesoras e bebés na sala infantil da biblioteca ó redor de Patricia, que co seu Contacontos sensorial nos achegou ás sensacións que sons, olores e tacto provocan en nós e en contacto cos nosos bebés.

Primeiro xogamos co tacto e o son da nosa voz, que son os que máis recoñece polo de agora.

Despois xogamos co tacto e as texturas.

Ó final foi o sentido do olfacto co que xogamos, deixando polo de agora o do gusto para evitar problemas con alerxias e intolerancias, pero levamos para a casa a idea de xogar cos sabores frescos e co xeo cando chegue a época de calor.
Rematamos cunha canción e bailando. En fin, unha auténtica viaxe cos sentidos!
Levamos un fermoso recordo das sensacións que nos produciu, ademais dun pedazo da sesión: unha flor de papel, un carozo e uns grans de millo, unha pluma, un talo de menta para ulir,…
Ademais coñecemos os materiais para bebés que temos na biblioteca, e que se poden consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca].


Séguenos