Raquel Queizás e a súa “Maletra” cargada de divertidas historias visitaron a BPM de Catoira o 3 de maio. Pequenos e maiores divertíronse moito axudándolle a sacar as letras e palabaras que deron vida a fermosas historias e misteriosos relatos.
O día 20 de Maio, Manuel Solla axudado pola súa mascota Pelusa foron sacando da súa maleta máxica numerosos personaxes fantásticos que nos entretiveron un montón. Desexando repetir experiencia.
Outra aposta segura.
Calquera actividade de Charo está chea de máxia e bo facer.
O dito, máxico.
Cada sesión de contos é unha viaxe. Partimos dunha historia aos poquiños van aparecendo lugares, persoeiros, aventuras, todos novos. Sabemos de onde saimos, pero ignoramos cal será o noso destino. Na miña maleta vai o mapa. Quen quere viaxar comigo?

Como sempre, Marisa Irimia meteuse a todos no peto.
Grandes (os papás) e pequenos gozaron de xeito abondo.

Contos recollidos akí e akolá, Contos de sabores, de olores e sons, contos chegados doutros lugares, contos da esquina do lado, contos doutros tempos e outras falas. Unha viaxe a través dos libros cara outros lugares e culturas.

Aser Álvarez, o director, non puido estar connosco por motivos persoais, pero enviounos unhas retranqueiras e agarimosas palabras no seu nome que lemos no acto, e que compartimos con todos vós nesta entrada.
Pódese ler a presentación do director, Aser Álvarez, premendo aquí
O día 30 de xuño os contos cobraron vida en Cordeiro, saían dunha maleta…dun sombreiro…cheos de maxia e creando ilusións entre os mais cativos, grazas a Asociación Cultural Os Carballiños.
Luis Solla, chegou á nosa Biblioteca acompañado da súa amiga Pelusa, e dun conto moi chulo, Princesa labios de fresa, que a través dun teatro express varios cativos representaron guiados polo propio Luis Solla. Os participantes pasaron unha hora moi divertida e dinámica na que non puido faltar unha sesión de maxia que deixou a todos coa boca aberta ao descubrir que podían debuxar e colorear so coa mente.

Día 28 de xuño de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Manuel Solla, de Expresión Produccións, cos seus Contos para todos pertencente ó programa Ler conta moito. Despois de atopar a súa maleta máxica perdida, foi sacando dela un feixe de personaxes impresionantes, o que máis sorprendeu ó público foi o seu “Libro Máxico” da Princesa de labios de fresa do que ían xurdindo personaxes que non esperabamos e que cada vez nos sorprendían máis: unha malvada bruxa, unha ra, un dragón, e por fin un príncipe.
A súa perezosa mascota Pelusa axudoulle na súa actuación, que consistiu nun espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.

Quedamos para volver xogar coas personaxes dos Contos vivos que nos traia Manuel en setembro.
Gustounos xogar e tocar a Pelusa, a mascota axudante de contacontos e experta buscadora de maletas.
Rematamos así as sesións de contacontos de último venres de mes ás 5 da tarde, pois ó longo do verán os contacontos terán lugar ás 12 do mediodía e a partir de setembro cambiarán de día.

O 9 de maio os dous autores da colección de contos “Polo correo do vento”, Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Taboada (Pin) ofreceron na Biblioteca Municipal de Lugo unha actividade de animación á lectura, dentro do programa Ler conta Moito.
A sesión estaba destinada non só á animación á lectura senón tamén a concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o respecto e a protección do medio,
Ademais de todo iso, quixeron que os asistentes se animaran ao debuxo. Así comprobaron que si che explican paso a paso cómo se realiza un personaxe, é moi sinxelo debuxalo. De feito moitos deles sorprendéronse do ben que lles quedou o debuxo que fixeron.
Como remate, entre todos realizaron tres murais que na actualidade decoran a biblioteca.



Séguenos