Kontos de Akí e de Akolá na B. P. M. de Vilagarcía de Arousa
A actividade realizouse o 16 de maio ás 10 horas, en conmemoración do Día das Letras Galegas. Marisa Irimia contounos historias doutros tempos e doutras falas.
A actividade realizouse o 16 de maio ás 10 horas, en conmemoración do Día das Letras Galegas. Marisa Irimia contounos historias doutros tempos e doutras falas.
A actividade de “Contos para bebés”, a cargo do grupo Pavís Pavós, realizouse o sábado 25 de maio. Pavís Pavós contou pequenas historias que falan de cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais. Algún conto foi narrado en inglés e os asistentes puideron disfrutar dun xoguete tradicional.
As tres Bibliotecas Municipais de Cambre contamos cunha programación especial durante o mes de abril, ABRILUSTRADO.
Dentro deste programa realizáronse unha serie de obradoiros de Banda Deseñada, solicitados a través de Ler conta moito.
O propio 23 de abril, contamos con dous obradoiros de Manel Cráneo, de quen tiñamos tamén a exposición Cómic, arqueoloxía e xornalismo, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central.
O primeiro obradoiro foi co alumnado de 3º A do IES Afonso X O Sabio.
Manel Cráneo comez facendo un percorrido guiado pola exposición dos orixinais da obra da súa autoría, A Torre dos Mouros, recreación histórica, baseada nos restos arqueolóxicos existentes en Lira, Carnota,datados no século X. Unha vez rematado o percorrido, amplíase con imaxes en detalle, a través dun Power point. Vai explicando tanto a documentación histórica, como a realización técnica, planos, personaxes… Á vez, nunha pizarra vai mostrando unha serie de claves para construir personaxes, expresións, etc para introducirnos na linguaxe do cómic.
A última parte do taller consistiu en tratar de facer unha páxina de cómic, según un guión previo. Da as claves e anima a continuar.
O día 16 de maio veunos visitar a biblioteca do Colexio Público de Présaras o mago Antón, co seu espectáculo Gravidade Cero, con motivo da Semana das Letras Galegas, despois de entregar os premios do concurso Literario. Os números de maxia foron moi divertidos, os nenos e os pais o pasaron moi ben



Santy Gutiérrez ofrécenos na biblioteca, o mesmo día 25 de abril, un segundo taller dirixido ao alumnado de 3º D do IES Afonso X O Sabio.
Este obradoiro abarca desde como se elabora un guión e deseñan os personaxes, ata o traballo último de rotulación. Fai fincapé nos distintos tipos de expresións, así como en certos trucos ou recursos que se utilizan na banda deseñada e que nos van a axudar a dar información ao lector. Os participantes fan prácticas constantemente, de diversas situacións, con distintos planos… Remata coa realización dunha páxina de cómic, partindo dun guión que se lles facilita.
É moi interesante, ademais, o percorrido que fai polos principais mercados do cómic a nivel mundial, valéndose dos fondos de banda deseñada existentes na biblioteca: o cómic europeo, americano e o manga xaponés. Propón ademais unha serie de lecturas recomendadas. Serve moi ben para dinamizar, a partir de aquí, o fondo da biblioteca.
O día 25 de abril de 2013, dentro da programación Abrilustrado para conmemorar o mes do libro, contamos na biblioteca con Santy Gutiérrez que imparte un obradoiro de banda deseñada ao alumnado de 3º C do IES Afonso X O Sabio.
Fai un percorrido por toda a linguaxe do cómic: bocadillos, tipos de viñetas, diferentes tipos de planos, encadres, a importancia das onomatopeias…
Santy Gutiérrez realiza un taller eminentemente práctico, dinámico, activo e participativo, onde non hai tempo a aburrirse.
O día 16 de maio viñeron visitarnos á ALM de Os Tilos os Ratos de Lonxedetodo da man de Trinketrinke Teatro. O Rato levou á biblioteca nunha caixa, os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e ténos que coidar.Tenta calmalos contándolle contos especiais para ratiños,pero non é doado!.

Os contos da sesión foron seleccionados de dúas obras de Arnold Lobel editados por Kalandraka: Contos de ratiños e Sopa de rato.
Pero aínda quedaba unha sopresa final. Os Ratos de Lonxedetodo deixaron unha das súas casa como expositor para que os máis peques puideran desfrutar das lecturas preferidas dos ratiños desta aldea tan afeccionada á lectura.
O día 17 tivemos na biblioteca Matapiollos coa a actividade de maxia titulada “Abrapalabra”. Os números de maxia foron moi divertidos, os nenos e os pais o pasaron moi ben
Na tarde do 2 de xuño veu Fuco o rato de Lonxedetodo a traer os contos preferidos dos ratos da biblioteca.
Cun feixe de contos de ratiños pequenos e outros animais pasamos unha tarde estupenda con Trinketrinke e as súas sempre boas animacións á lectura. Os nenos disfrutaron das historias tanto, que as quixeron levar despois para as súas casas.
Deste xeito tan divertido despedimos os contacontos e as actividades ata despois do verán, para repoñer forzas e voltar no outono con máis actividades na biblioteca.
Actividade na que Manuel Solla mediante un libro “Pop Up” foi relatando o conto da “princesa labios de fresa” de seguido algúns nenos voluntarios deron vida os persoaxes do conto-en forma de teatro exprés- dirixidos polo animador. Os nenos quedaron moi intrigados co número de maxia, na que mediante a concentración e as palabras máxicas “ABRACADABRA” de todos os participantes, podian facer desaparecer e de novo aparecer as letras e as imaxes do libro, primeiro en branco e negro e para terminar a toda cor.
Participaron alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima do Concello
Actividade desenvolta no marco do programa de celebración da semana das “Letras Galegas”


Séguenos