Contos do chupete con Migallas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña
Como facer que adultos e máis pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil da Coruña preparou para despedirse por este curso.
Dende outubro disfrutamos das familias, dos seus pequerrechos e dunha morea de contiños, músicas e libros, e o 7 de maio poidemos xuntar a 28 bebés e ás súas familias para celebrar, por todo o alto, o que máis nos gusta… todos ese sorrisos acadados na Biblioteca.
Co seu libro-disco Pan de Millo ben presente, Bea e David (de Migallas) foron recibindo xa cediño ás familias, arrexuntándoas para entrar de cheo no mundo da fantasía e risas que trouxeron ca música e os contiños.
- Selección de libros da Bebeteca
- Selección de libros da Bebeteca
- Selección de libros da Bebeteca
Gracias a todos por compartir todos estes momentos!
Esperámosvos prontiño!































O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 



Séguenos