CONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS DE CAMBRE

Actividade levada a cabo por PAVÍS PAVÓS, basada na nosa tradición oral.
Comezan interactuando individualmente con cada neno/a cun xogo de palmas para, a continuación, dirixirse a todos os asistentes.
Un conto a tamaño xigante: A casa de Xan, realizado artesanalmente, contado entre dúas persoas, Tareixa e Xacobe, envolve de expectación. Texto acumulativo que da pé á participación.
Arrolos, cantos e ladaíñas… Nun ambiente participativo entre adultos e pequenos, sempre pensando en que todo se poida continuar nas familias
Unha moi boa actividade para o úblico ao que vai dirixida, de 0 a 3 anos.
Boa oportunidade para fomentar o fondo de música infantil da Biblioteca.





O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 






















Séguenos