Quen quere ser mago en Lourenzá?
O venres 18 de setembro en Lourenzá os nen@s desfrutaron con Carlos Tomico e o mundo da maxia
O venres 18 de setembro en Lourenzá os nen@s desfrutaron con Carlos Tomico e o mundo da maxia
O venres 11 de setembro estiveron María de “Encanto” e a súa cadeliña na nosa biblioteca. Cantas cousas aprendemos. “Había unha nena que sabía moito de cans…” foi todo un éxito! Coma sempre, o mellor foi o público infantil. 
A empresa Átomos o 27 de agosto preparoulles aos mozos e mozas un Scape Room na biblioteca de Irixoa. Mozos e mozas de Irixoa tiveron que resolver un misterio e intentar sair.
Pois si que conseguiron saír, non quedaron encerrados!

O 24 de outubro celebramos o Dia da Biblioteca con nenos de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Ribadavia cun contacontos do programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero titulado Sen medo da compañía Trécola Teatro. Asi de ben o pasaron:



Teatro en Punto estivo en Láncara coa sua actividade de divulgación do coñecemento “O PC non é un ordenador”. Grazas ás dúas actrices-relatoras puidemos coñecer o concepto de Patrimonio Cultural, tanto material como inmaterial, a estar atentos ao noso redor e a poñelo en valor.
Petróglifos, mámoas, asentamentos e unha ponte romana, escudos, igrexas de diferentes épocas, persoeiros ilustres… Láncara é moi rica en patrimonio cultural. Se abrimos os ollos e facemos as preguntas adecuadas, contribuiremos a que perdure no tempo o xa herdado grazas aos nosos devanceiros. Os cambios están nas mans das nosas crianzas e mocidade, pero tamén conservar e legar de novo o patrimonio e tradicións.

Nun obradoiro interactivo e dinámico, trufado de experimentos prácticos, no que os nenos/as participaron de cheo, a rapazada de 4º,5º e 6º cursos de primaria do Concello de Moeche, achegados á biblioteca, coñeceron, asombrados, misterios e propiedades insospeitadas do líquido elemento, fundamento da vida.
Pablo Díaz achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o seu espectáculo “Contando números, cantando cores”

A rapazada asistente aprendeu a cantar, contar, traballar e reflexionar sobre a igualdade a través dos contos e a música

O xoves 24 de outubro, Antía Yáñez estivo na Biblioteca de Portonovo para compartir con nos a súa proposta feminista.
Unha actividade moi interesante para descubrir ás mulleres que fixeron historia en Galicia e que non son visibles ás veces.

Figuras coma Exeria, a raíña Urraca, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Elisa e Marcela… mulleres que forman parte da nosa identidade e non sempre no lugar que lles correspondería.
Nesta actividade Juan, de Ciencia en ruta, é un científico que nos ven explicar todos os segredos do universo e nos presenta os astros e os seus movementos, fases e órbitas. Ademais fálanos das mulleres que marcaron a historia da astronomía coas súas aportacións a tan interesante ciencia e os obstáculos que tiveorn que superar por ser recoñecidas debidamente. Os asistentes aprenderon moito sobre astronomía cunha perspectiva de xénero e de xeito lúdico e divertido.

View this post on InstagramA post shared by Bibliotecas da Carballo (@bibliocarballo) on
A rapazada coñeceu a través do espectáculo “Elas pintan moito” do grupo Migallas a un grupo de pintoras: Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama




Séguenos