Concerto homenaxe a María Victoria Moreno- Xardín Desordenado en Ares
Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………


Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………


Onte escoitamos a Lucas Requejo falar de alimentos, promoción da saúde, natureza, coñecemento, cambio climático, historia, vida, futuro, ciencia, orixe, educación e hábitos
“A boa alimentación mellora a saúde. Moitas persoas pensan que alimentarse é só unha necesidade de supervivencia, e que dá igual o que comamos porque o que importa é saciar a fame; pero non é así, hai que saber comer e facelo de forma balanceada para poder manter unha boa saúde tanto no teu día a día, como no futuro. O dito es o que comes é moi certa. A comida que inxeres inflúe directamente no teu sistema inmunitario, no teu estado de ánimo, na túa enerxía e, como non, no teu físico tamén. Así que comer san no só é cuestión de moda, e tamén de saúde” .
Como complemento a charla fixemos unha pequeña exposición có material bibliográfico relacionado.

Moitas grazas Lucas, desexamos que a mensaxe chegue a moitas máis bibliotecas.


Obradoiro musical moi didáctico a través do cal dun xeito práctico e ameno se lles explicou ós nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela a importancia de conservar o música tradicional galega.
Unha forma distinta de entretemento: aprender experimentando.

Unha actividade que espertou curiosidade e entusiasmo, sorprendendo ós/as cativos/as, que se enfrontaron á realidade mesma, para aprender dela, agudizando o sentido crítico.
A ciencia vén para cambiar moitos aspectos da nosa vida diaria, gusta e divirte.





Actividade interdisciplinar, moi interesante e orixinal. Lectura, expresión plástica, fotografía e traballo en equipo conforman estes obradoiros.
Póñense en relación dous mundos: cinema e literatura.
É unha actividade organizada en catro sesións. Na primeira comezase cunha introducción á técnica de animación do Stop Motion (foto a foto) e cómo o cinema e literatura están máis unidos do que parece. Con todos os conceptos claros, as/os participantes comezaron a traballar en dous proxectos de curtametraxes diferentes, con historias sacadas de libros infantís.
Durante todas as sesións foron creadores en todas as fases, dende o deseño e creación dos personaxes e escenarios, á adaptación dos guións, pasando pola realización de fotografías e a dobraxe.
Todo o proceso moi ben desenvolto por Minia Regos. O resultado é impresionante e ademais cada participante leva gravada a curtametraxe na que participou.

O xoves 26 de outubro chegaron á biblioteca de Lorbé Don Renato e Piruleta, que nos trouxeron a súa Biblioteca Máxica e nos aproximaron á figura de Gloria Fuertes de un xeito engaiolante no que houbo de todo: música, maxia, humor, monicreques, malabares, teatro de sombras, proxeccións…todos estes recursos teñen cabida na Biblioteca Máxica, que resultou unha actividade que namorou a grandes e pequenos.

Diversión e suspense para os alumnos de segundo e terceiro ciclo do C.E.I.P. de Moeche mentres investigaban un asasinato, utilizando nas súas pesquisas a biotecnoloxía: impresións dixitais, ADN…

O xoves 26 de outubro gozamos na Biblioteca Central Rialeda dun obradoiro de autoedición moi interesante no que aprendimos a realizar unha revista utilizando letras de molde fabricadas con obxectos reutilizados, goma Eva, cartolinas, tintas para estampación, rotuladores, etc…
Foi moi divertido!!!


O día 24 de outubro voveu a maxia a B.M. de O Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo da man de Javier Muro.
Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos de un intre moi agradable.

O espectáculo ten formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar.
No Auditorio de Cambados, o 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas co Teatro Ghazafelhos e a súa obra “Camiñando entre estrelas”.
A biblioteca municipal Luís Rei, grazas ao programa Ler conta moito, puido contar con esta actividade que fixo as delicias de pequenos… e non tan pequenos… velaí van algunhas imaxes…



Séguenos