Atrapados con Harry Potter na B.P.M de Poio
O luns 25 de outubro celebramos o Día Das Bibliotecas cun Escape Room moi especial: Atrapados con Harry Potter de Ceo Aberto.
O luns 25 de outubro celebramos o Día Das Bibliotecas cun Escape Room moi especial: Atrapados con Harry Potter de Ceo Aberto.
O pasado martes 5 de outubro, Paco Nogueiras co Radio Bulebule, transmitiu na radio en directo un divertido programa cheo de humor, baile e cancións. As letras das composicións e as melodías destacaron polos ritmos modernos, pegadizos e bailables coa participación do todo o público.

Partindo de coñecidas películas e series baseadas en libros, os e as participantes, alumnos e alumnas de 1º de ESO, do IES. POETA DIAZ CASTRO, aprenderon da man de Ainhoa, de Crearte Servizos Culturais, as claves para contar unha historia con perspectiva de xénero, reescribiron escenas e convertiranse en actores e actrices de dobraxe que deron voz, a súa voz, a eses personaxes que visualizaron despois na súa nova versión. Unha creativa proposta para fans do audiovisual que fomenta a igualdade.

O sábado 9 de outubro, Vicente Mohedano presentounos de maneira interesante e entretida imha sesión de divulgación arredor da idea de macho e masculinidade

Como di Carme Conde (Tarabela Creativa) na presentación do obradoiro deste martes na biblioteca de Santa Marta: “Se algo racha con absolutamente todos os preconceptos e estereotipos, ese misterio é a poesía”. Por iso, Carmen ensinounos a xogar co mundo das imaxes, falamos de referentes en poesía e escoitamos cancións que son auténtica creación poética. Todas estas dinámicas servíronnos de inspiración para dar o salto á segunda parte deste obradoiro e mergullarnos no mundo da creación en busca da nosa propia voz.
O martes 28 de septembro, na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, Ian & Elisa trouxéronnos maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor facendo que grandes e pequenos disfrutasen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.



Nelson Quinteiro actuou na Guarda durante o II Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho” celebrado simultáneamente no Concello da Guarda e Caminha.
Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, unha divertida personaxe que chámase así porque fai moito barullo. Os asistentes poden gozar do ritmo, música e instrumentos tradicionais.
A actuación foi todo un éxito!!
O pasado venres, 23 de outubro, tivemos na nosa biblioteca
un obradoiro para descubrir os nosos ” superpoderes”.
Os nosos participantes descubriron que tiñan, moitos superpoderes agochados,
e que non sabían que os podían utilizar…….
Fixeron grandes descubrimentos!

Este obradoiro consistiu na representación dunha serie de escenas mediante as que se buscaba a complicidade dos asistentes e procuraba facelos partícipes das mesmas. O emprego da mímica e das onomatopeas fixeron que os cativos e cativas pasasen un intre moi entretido e cheo de risas.
Tomando como partida a novela “O xogo de Ender” (logo tamén levada á gran pantalla) os nenos e nenas achegáronse a ese microcosmos mediante o emprego de pistolas láser. Tamén conduciron un coche teledirixido feito con material de refugallo.


Séguenos