O 16 de maio tivemos a Sherezade en Muros con “Onde viven os monstros”, veu dentro das celebracións que facemos entre a bril e maio. Era a primeira vez e gustoulle tanto os nenos como aos pais. A pesar das diferentes edades dos nenos e de que había moitos os mantivo atentos ás historias.
O 15 de maio estivo Pavís -Pavós na axencia de lectura de Esteiro (Muros). Son un valor seguro, a xente está encantada, aínda que veñan tódolos anos. Con eles rematamos as actividades do Contacontos semanal na axencia de lectura.
O día 25 de abril tivemos na biblioteca de Muros a Pablo, “Pablísimo”, no contacontos que facemos todas as semanas. Pero foi un día especial xa que celebramos a Festa do Libro, na semana seguinte faríamos a festa do aniversario de Andersen.
Tanto nenos como pais pasáronno moi ben, quedou reflexado na enquisa, aínda que lles pareceu corto, querían máis.
Durante o mes de abril e maio facemos distintas actividades para celebrar as distintas celebracións. Este ano, con colaboración dunha compañeira de turismo, fixemos excursións para coñecer historias do noso pobo.

Sesión de contacontos na biblioteca o venres 21 de xuño ás 18:00 h.
O contador Inacio Vilariño de nome artístico Fantoches Baj conquistou a grandes e pequenos con Rodar e Rodari (Contos do Tranvía) e a súa combinación de teatro, monicreques e cancións. Creou un bo estímulo para a imaxinación e a creatividade.
E como este espectáculo de narración oral utilizou a tradición dos contos de Gianni Rodari decidimos facer unha selección bibliográfica, das obras deste escritor e xornalista italiano, expoñéndoas na Sala Infantil da biblioteca e animando aos rapaces a ler obras como: “Contos ó teléfono”; “Contos para xogar”; “Inventando números” ou “Ricardo o escultor”.
Luis Solla achegouse á Biblioteca de Chapela no primeiro venres de xuño, para encher a nosa primavera de contos de animais.
Da súa maleta foi sacando contos impresionantes, efectos visuais, animáis divertidísimos e algúns trucos de maxia.
Ademáis, a súa mascota convidounos a todos a ler moitos contos, facendo grandes amizades cos nosos cativos. Os máis ousados, posaron para facer con eles dous esta fermosa fotografía.
Podedes ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.
Dentro do programa Ler Conta Moito, o 31 de maio, a actriz e contacontos Raquel Queizás achegouse á Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros) coa súa Maletra chea de historias.
As nenas e os nenos disfrutaron escoitando os contos e mostráronse atentos e participativos en todo momento.
A sesión rematou cun divertido baile e o sorteo dos libros da contada dispoñibles na biblioteca ente os nenos/as que os querían levar en préstamo para as súas casas.
Participaron todolos nenos e nenas da Galiña Azul de Antas de Ulla e outros bebés do pobo. En total 36, entre nen@s e nais.
A actividade desenrolouse durante media hora na que os actores ían narrando contos sinxelos, os dous á vez en voz medianamente baixa, pero por entre os nenos para lograr captar a súa atención e todo intercalando cancións e xogos de imitación.
Ó final cada neno manipulou un xoguete relacionado co conto.
Resultou unha actividade moi interesante e que gustou a nais e os nenos disfrutaron.
Intentaron tamén que as nais colleran orientacións para contar os contos ós pequeniños.
A Biblioteca Municipal de Pontecesures invitou aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa “Ler conta moito”, os rapaces disfrutaron coas historias do Sahara proporcionadas por Solidariedade Internacional de Galicia e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolveuse das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo 30.
Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repuxeron forzas co almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.
A actividade realizouse o día 23 de abril, en conmemoración do Día do Libro. Foi moi participativa e gratificante para os 22 nenos/as de 2º curso de primaria do colexio A Lomba e os 8 nenos do colexio “Os Mecos”, que disfrutaron moitísimo cos libros que ían saíndo a escena e coas historias que os acompañaban.
A actividade realizouse o 27 de abril ás 11.30 horas. Enmarcada dentro do programa “Sábados de biblioteca” e dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos e aos pais e nais que os acompañaban. Charo Pita contou diversos contos amenizados con cancións e sempre coa presenza dos libros das historias que relataba.


Séguenos