Manuel Solla na A.L.M. de Ribas de Sil
O domingo 15 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla.
A actividade “Conto Contigo” resultou ser dinámica, moi divertida e altamente interactiva.

O domingo 15 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla.
A actividade “Conto Contigo” resultou ser dinámica, moi divertida e altamente interactiva.


Espectáculo facscinante sobre o mundo dos paxaros e a natureza. A intérprete mostra una sensibilidade exclusiva dos grandes artistas. O escenario está ateigado de detalles evocadores. Gustou moito. Altamente recomendable!
O luns 16 de maio Gonçalo, integrante da compañía Elefante Elegante achegou ata a biblioteca municipal do Grove o contacontos teatral “O Xigante”, e narrou las peripecias dun home dun reino moi, moi lonxano que decidiu emprender unha viaxe hasta dar cunha árbore moi especial de cuxas polas nacían libros, moitos libros!!
O Público asistente acompañou ao home na súa longa viaxe e pasouno en grande.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas a biblioteca programou o espectáculo que leva por título, “Poemas e contos con Manuel María” no que os contos e as historias pivotan ao redor dos poemas de Manuel María, que figuran como eixo conductor, acompañados da música de violín.
Marisa Irimia achéganos á poesía e á narración oral dun xeito musicado e lúdico, onde todos participan.
Día 6 de maio de 2016 ás 18:30, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o mes das Letras Galegas, e animar a participación no Certame Letras Galegas 2016 [que este ano se titula “Canta bichería!”], presentamos unha nova actividade:
da man de Olga Abad
o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil
Co obradoiro de sombras chinescas “As nosas historias”, o que se buscou foi fomentar a creatividade, a escoita, e coñecer historias da nosa tradición oral. Ademais levamos para a casa, de recordo, as personaxes para que lle contemos a quen queiramos o conto no que se baseou o obradoiro: O galo Quirico (dispoñible na biblioteca para ler a casa).

O obradoiro, a cargo de Olga Abad serviu, ademais de para mellorar e liberar a nosa imaxinación e a destreza na creación das personaxes, para animarnos a participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.
Tal foi o éxito da actividade, que ante a petición popular á voz de porfi, porfi decidimos seguir facendo sombras chinescas na biblioteca: o venres seguinte tivemos un obradoiro para elaborar máis personaxes, e o seguinte o noso propio teatro de sombras para xogar na casa.
A barraca de Barriga Verde fixo un alto no seu percorrido polos pobos e feiras de Galicia, para visitar a Biblioteca Municipal de Lugo.

Unha representación para conmemorar ao poeta Manuel María nestas Letras Galegas 2016

Trinke Trinke sigue de ruta polas axencias de lectura de Cambados, onte tocoulle o turno aos rapaces da ALM de Vilariño que puideron gozar do contacontos de Riciños de Ouro mesturado con música e xogos.
A actividade, que resultou moi divertida, enmárcase dentro da programación adicada ás Letras Galegas neste mes de maio.


Había ben de tempo que os ratos de Trinke Trinke non se achegaban a Cambados… e o pasado martes iniciaron na ALM de Castrelo un periplo de “contacontos roedores” que visitarán todas as axencias de lectura no mes das Letras Galegas.
Ratisuco Ratoncio veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, e relatounos a súa divertida versión de Riciños de Ouro… houbo tempo tamén para que nos tocara o acordeón, para cantar, xogar con globos de cores e rir… sobre todo rir!
Ata pronto Ratisuco!

Os integrantes de Pavís Pavós achegaron ata a Biblioteca Pública Municipal do Grove unha sesión de contos durante a cal recuperaron a forma tradicional de narrar, os arrolos, os cantos e as ladaíñas para bebés.

Grandes e pequenos pasaron unha agradable mañá de sábado compartindo historias, cancións e xogos


Os sábados en Ribeira son para contar contos.
Pablísimo estivo connosco o sábado, 30 de abril, na Feira da Educación para contarnos unha morea de historias que viñan nunha caixiña.
As nenas e os nenos que viñeron para escoitar a Pablo tamén trouxeron os seus irmanciños máis pequeniños, que cando cheguen á súa idade tamén escoitarán e lerán fermosas narracións que farán voar a súa imaxinación.



Séguenos