O Contiario de Pablísimo segue en ruta polas axencias de lectura de Cambados para celebrar o Mes das Bibliotecas… onte foi o turno de Corvillón, onde case 50 persoas gozaron de divertidas historias.
Deixámosvos algunhas imaxes que amosan o bo rato que pasaron…
O día 6 de outubro, chegaron á nosa Biblioteca, dous investigadores mariños, Tero e Lucho, da compañía “Os Quinquilláns”, que deleitaron ó público contando ás distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. Tras representar o espectáculo, os dous tripulantes organizaron unha expedición aos fondos mariños levándose consigo ó público, onde descubrimos unhas fantásticas e luminosas especies mariñas.
Se o pasado venres o Contiario de Pablísimo iniciaba a súa visita na ALM de Oubiña en Cambados, para celebrar que Outubro é o Mes das Bibliotecas, onte foi o turno de Vilariño.
Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido!
Achegamos algunhas das imaxes…
Estupenda tarde en compañia de Carlos e Enrique, compoñentes de Polo correo do vento e os nenos da comarca do Ribeiro. Grazas a todos por participar no contacontos “O misterio do pirata Benito Soto” e o obradoiro de pintura posterior.
O día 8 de outubro tivemos a actuación de Larraitz con Babamor. Contos sobre os diferentes tipos de familias con historias de libros como O crocodilo e a xirafa, acompañados de cancións do libro Tic Tac, entre outras.
O público estivo moi participativo cantando e escoitando atentamente.





Día 2 de outubro de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para desatar a maxia e animar a participar na Noite na Biblitoeca do 23 de outubro coa que celebraremos o Día da Biblioteca (o 24 de outubro), convidamos a Leo Leíño a visitarnos.

Cunha música que xa anunciaba moitas cousas, apareceu Leo para deleitarnos coas súas historias de… turbantes? cordas máxicas? lume misterioso? Desde logo deixou a todo o público asistente, grandes e pequenos, altos e baixos, de pé, sentados e tirados polo chan, coa boca aberta.

Coa axuda da súa axudante Cristina, de primeiras xa vai e nos saca de ningures á coelliña de Indias Vermelliña!. Despois, resulta que tén unha corda que lle regalaron na India e que se pón tesa se todos os asistentes llo piden á vez. Non foi este o único animal que nos visitou: había unha nena que imitaba tan ben ós animais que ata poñía ovos coma as galiñas! Ou sería unha galiña imitadora que se disfrazou de nena?
Logo, no xogo do conto do Can branco, o can cambia de color non se sabe como porque o axudante non di ben as palabras máxicas, a axudante faino ben e o can volve ser branco, o axudante equivócase non sabemos en que e o can volve ser negro… Unha loucura de gargalladas. Ó final todo é un caos e o can branco acaba sendo un dálmata branco con puntiños negros.

Para maior asombro dos asistentes, o libro A viaxe ó centro da Terra de Xulio Verne, recén chegado da súa viaxe ó centro do noso planeta, que está cheo de lava ardente, non se pode ler porque ven tan quente que tan pronto se abre comeza a arder!
Non foi o único libro que nos amosou Leo. Outro que mercou para colorear resultou non ter debuxos, e despois de “colorealo con maxia” dixo que xa tiña os debuxos de cores, pero o público era moi incrédulo. Despois de todo o que viran e aínda non crían nela! Déulles nos morros: o libro si que estaba cheo de debuxos perfectamente coloreados.

Tantas cousas máxicas pasaron que quedou toda a biblioteca e asistentes cheos de maxia liberada que a maga recuperou para transformala en luz máxica da que alimentarse para poder seguir facendo maxia.

Pero algunha maxia quedou no aire para que os asistentes, dotados de variñas máxicas (agasallo por ter colaborado e terse comportado tan ben), practicaron a facer os seus propios trucos guiados por Leo: unha carta máxica (tamén agasallo de Leo) que cambia de número cando a xiras, e un bolígrafo máxico que debería facer desaparecer a súa tapa pero que o que fai é desaparecer el mesmo.
Moita risa, moito humor, moita diversión e moito asombro nesta espléndida sesión de maxia na biblioteca que rematamos acarñando a Vermelliña e cunha foto de despedida.

Estivo tan ben, que ata merecemos saír a todo color na prensa!
Onte 5 de outubro, a Asociación Musical Musicreques visitou a biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, no concello de Arteixo, para representar a obra “Iván e o lobo grís”, asistiron 11 nenos acompañados por 5 adultos, que non perderon detalle da historia contada por medio de títeres e completada con imaxes por medio dun proxector e de música en directo.
O pasado venres 2 de outubro pasou pola biblioteca de Ares, o espectáculo ” O lobo bobo”
da compañía Elefante Elegante.
Pasaron todas as familias un rato ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias……

moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”


Séguenos