Alba de Vales trouxo a Cambre unha chea de contos e cantos de terra e tenrura

Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.

Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.

O pasado 15 de outubro na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar A actividade correspondente ao Ler Conta Moito constou de dúas partes. Na primeira, o espazo foi decorado cunha ambientación inspirada nos contos narrados, contando ademáis, con efectos sonoros -pandeiro de auga ou a rá güiro- que axudaron a crear unha atmósfera máis envolvente. Leeronse 3 contos: El monte es una fiesta, Miedo a la oscuridad e Bichos de cuento, os cales trataron temáticas como o coidado do medio ambiente e a amizade. Como apunte, estes contos son de orixe arxentino, traidos
dende alá pola narradora, a cal intentou facer boa parte da actividade en galego.
Na segunda parte, os nenos e nenas asistentes xogaron a dibuxar en diferentes láminas diversas partes do corpo -cabeza, tronco e pernas- xurdindo ao final, personaxes disparatados e graciosos que provocaron bos momentos de risa.

O pasado 17 de Outubro contamo ca actuación de Xarope Tulú co espectáculo “COROCHAS”, os pequechos da escola infantil pasarono en grande.
Unha actividade entretida, e moi divertida.


Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.

O sábado 18 de outubro O Mago Paco chegou a Carnota cunha maleta chea de sorpresas inimaxinables.
Contamaxias é un espectáculo para público familiar que conxuga maxia e narración oral para espertar a curiosidade da cativada, estimular a imaxinación e fomentar o amor polos libros na infancia.
Foi unha sesión inesquecible, repleta de emocións, contos, xogos, sorpresas, moitas risas e algún que outro susto tamén…
Pasámolo súper!



O venres 17 de outubro visitounos o avó Carmelo e o seu can Rús co espectáculo o “ Descontacontos” de Galitoon.
Onte, 17 de outubro, a contadora de contos e actriz Raquel Queizás visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Elas sempre contan”. Co gallo da celebración do “Día das Escritoras”, Raquel presentounos varias lecturas escritas por mulleres, que ganas de comezar a leelas todas!!!




Charo Pita achegou un fermoso contacontos na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
“A corpo contado”, como se chama a súa proposta, percorre historias tradicionais e lendarias de diferentes tradicións.
Nelas, a través da narrativa tradicional a singularidade dos corpos e as súas habilidades especiais toman o protagonismo.

Nesta tarde pasamos un rato moi entretido aprendendo. Por medio da narración dun conto foise explicando as cativadas e o público adulto, os sentidos do noso corpo, usando diferentes ferramentas como saquiños, papeis con esencias e as nosas propias mans, fumos aprendendo as sensacións das diferentes texturas, cheiros, gustos…Todo amenizado por un conto que seguindo o fío amosounos un feixe de coñecementos moi interesantes!

O día 15 de outubro tivemos este interesante obradoino, no que cada participante creou un monicreque de culler partindo do seu personaxe de ficción preferido, o que deu como resultado un marabilloso grupo de figuras divertidas e orixinais.


Séguenos