13/04/2023
O pasado 10 de abril, a Biblioteca Municipal de Coristanco adicouna ao investigador e á investigadora científica cun obradoiro de Robótica no que os asistentes descubriron os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM), participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica.
Da man de “A nube de Artear” deseñaron e deron vida a diferentes robots co obxectivo de incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real.

ROBÓTICA CREATIVA

Séguenos