Somos iguais na maxia
O día 4 de setembro, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo un espectáculo de maxia a cargo de Ian & Elisa. O tema de fondo foi a igualdade e a loita contra a violencia.

O día 4 de setembro, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo un espectáculo de maxia a cargo de Ian & Elisa. O tema de fondo foi a igualdade e a loita contra a violencia.

A Biblioteca de Parada de Sil acolleu este venres, 30 de agosto, a iniciativa “Cociñando a igualdade” en dúas sesións: de mañán ás 12:00 Am e de tarde ás 17:30 PM. Estas actividades enmárcanse dentro do programa Ler conta moito.
As dúas actividades, na que participou un público moi variado tanto cativos/as como pais/nais e avos/avoas, tivo como obxectivo analizar e reflexionar a través da cociña sobre os roles do home e a muller, e a importancia da incorporación da muller aos ámbitos científicos e tecnolóxicos.
A equipa de Ceo Aberto nos ensinou a maxia química que pode converter o yogurt nunha bomba que estala ao metela no boca…con diferentes líquidos conseguimos texturas totalmente diferentes…xogando coa maxia de converter o sólido en líquido…o líquido en gaseoso…
Grazas Ceo Aberto polo ben co pasamos grandes e pequenos!!!
Grazas a tódolos que nos visitástedes e participastes nas duas actividades na nosa biblioteca!!!!
O venres 23 de agosto ás 18:00 hrs, Pedro Bugarín engaiolou a grandes e a cativos con sorprendentes números de ilusionismo, combinados con grandes doses de humor e música. Todo o público participou nos diferentes números máxicos nos que as caras de ilusión, sorpresa, sorrisos e gargalladas foron a tónica da boa tarde que pasamos.
Maxia de cartas, maxia de froitas e cores, de cordas e nós, maxia con libros e ata un perigosísimo truco cunha guillotina. Todo, coa simpatía que caracteriza a Pedro, que fixo partícipes aos nenos, adolescentes e adultos e se gañou ao público cunha actividade entretida, divertida e amena que nos deixou a todos abraiados.
Dende aquí queremos agradecer a Pedro a súa maxia e a ilusión que nos provocou. Así como tamén queremos darlle as grazas por lembrarlle a todos os presentes que ser socios dunha biblioteca é gratuito e permíte gozar infinitamente alén de contos e lendas. Parabéns Pedro!
Grazas tamén a todos os que vos achegástedes até a Biblioteca de Parada de Sil e compartíchedes a tarde connosco.
Día 2 de agosto de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
da man de Miguel Alonso e Irene
o 2 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
tivemos esta sesión musical coa que nos achegamos ás animadas historias da vila de Bemol Pequeno, resolvendo misterios, cantando e bailando:

resolvemos o misterio da música desaparecida coa Meiga Xela, cantamos co dinosaurio Pepón e don Melitón e bailamos ao ritmo que marca a Banda do Carballo.
Foi unha sesión moi divertida, non sabiamos que cantabamos tan ben!


Descobrimos instrumentos novos e sons diferentes.


Marcamos diferentes ritmos e pasámolo moi ben.

Estupenda tarde a que pasaron nenos e maiores co espectáculo “Maxia e libriños con Leo Leiño”. Dentro dun proxecto integrador de nenos e maiores e co obxetivo de achegar a biblioteca a colectivos que por circunstancias non poden vir a biblioteca, está esta iniciativa. No Asilo Fundación Nosa Sra dos Anxos, da cual forma parte na Fundación o Concello de Ribadavia, levamos a cabo un proxecto que incluía una exposición do fondo local, un expositor fixo con libros de fácil lectura, contos e revistas e unha actividade de fomento da lectura na que tamén achegamos aos nenos, para pasar unha tarde de convivencia e compañía cos maiores do Asilo, algo enriquecedor para os nenos e unha ledicia para os maiores residentes. Estas son as fotos da actividade:






O sábado 20 de xullo o Mago Teto trouxo ata a s Pontes os 4500 anos da histora da maxia. Fixemos ese percorrido pola historia máxica a través de números de maxia nos que participou o público asistente. Estes días co bo tempo sacamos a biblioteca ao parque e desfrutamos alí das actividades de animación e da lectura.
Día 5 de xullo de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámonos preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!
E despois só hai que subilo á nube…
da man de Damián Alonso de Solovoz
o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil
tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:
O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.
Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.
Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!
Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:
podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.


O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.
Novo Encontro para pais, nais, fillas e fillos, nos que tentamos achegar varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
Nesta ocasión a nosa invitada foi Paula Carballeira. Pometeunos acompañarnos, coñecer algún medo, algunha terra de lonxe, algo dela e da súa familia. Prometeunos sorpresas, aventuras e sorrisos e conseguino de cheo.
Coma sempre un pracer!
Biblioteca Municipal Os Rosales

O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.


Magnífico, como sempre, o espectáculo de Paco Nogueiras. Con el celebramos na Biblioteca Central de Cambre o Día da Biblioteca.

Radio BULEBULE semella un programa radiofónico con música, humor, entrevistas, concursos, baile, cancións e tamén premios. Non falta a súa sintonía de entrada, axenda cultural, tertulia, noticias, sinais horarios ou previsión meteorolóxica.

Vivimos un auténtico programa de radio en directo, moi divertido, onde nenas e nenos son os verdadeiros protagonistas.
Escenario moi ben composto, colorista, presidido por unha enorme, enorme radio e unha mesa de son.
Radio BUBLEBULE está basado no libro-CD-DVD editado por Kalandraka Editora.

Paco Nogueiras conecta moi ben co público. Composicións moi coidadas, cancións moi pegadizas, con moito ritmo que invitan a bailar.
A frescura do seu estilo e o dinamismo que contaxia, fai que este gran compositor e intérprete nunca defraude.


Séguenos