“A maxia dos libros” na Biblioteca Municipal “Casa Habanera” de Guitiriz


O Mago da Boina e a súa axudante, a maga Nami animaron co seu maravilloso espectáculo cheo de maxia e humor o encontro interxeracional entre o alumnado de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada e os residentes do Fogar Residencial do Concello de Carballedo.

O pasado mércores Eduvia visitou o Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira co seu espectáculo BiblioCanta. Os nosos maiores cantaron, bailaron e divertíronse nunha sesión en torno ao cancioneiro tradicional galego.



Dani Blanco veu á Biblioteca José Saramago do CSC de Santa Marta, en Santiago de Compostela, a presentarnos a narración oral Murmuraban as miñas veciñas.
Un conto nunca se conta igual dúas veces. O contexto e a memoria vainos alimentando.
A través desta narración puidemos achegarnos a como foron as vidas dalgunhas mulleres de Cangas do Morrazo.
Unha actividade que gozamos moito e que non podemos deixar de recomendar.

Na tarde do luns 27 de maio, dez usuarias da Biblioteca José Saramago do CSC de Vite atrevéronse a resolver un enigma de escándalo! Seguindo as pistas e probas atopadas, conseguiron averiguar o contrasinal de diversos cadeados. Así, por medio do enxeño e do traballo en equipo, o grupo conseguiu revelar a identidade da personaxe culpable de desordenar a biblioteca durante o Espectáculo do Mago X. A actividade era unha completa novidade para as dez mulleres participantes; porén, logrou espertar o seu entusiasmo e as ganas de dar coa solución. Ademais, aprenderon a non deixarse levar polos prexuízos atribuídos de primeiras ás personaxes e o resultado sorprendeunas ao rachar estereotipos. Entón, da man de “Batucado y Emusin”, este escape room foi unha actividade entretida e orixinal.


O día 17 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar un repaso a través da música e dos contos por diferentes homenaxeados no día das Letras Galegas ao longo dos anos, e por suposto mención especial para Luisa Villalta. Resultou ser unha xornada agradable e divertida na que grandes e pequenos poideron interactuar


Ao sol,
que carexa compracido
este banco de xardín
volve o sosego
Que é case sono,
unha vontade de dormir desperto,
Este mércores o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago recibiu unha sorpresa moi especial: a visita de Luísa Villalta… a homenaxeada polo Día das Letras Galegas no 2024.
Unha xornada inesquecible na que a música, especialmente o violín, o instrumento preferido da nosa escritora, foi acompañando os versos e as anécdotas que a actriz Helga Mández, na pel de Luísa Villalta soubo facer, coa súa interpretación un verdadeiro acto poético.
Un pracer Luísa, ata sempre.

Día 25 de outubro de 2023 ás 11:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Autobiografía cuantificada
da man de María Meijide
o 25 de outubro, ás 11:30
Recibimos a María cun pouco de temor polo que teriamos que facer, pero para facernos relaxar, empezou presentándose ela e mostrándonos algunhas das cousas que fai.

Despois diso, fomos soltándonos pouco a pouco e fomos contando cousiñas. Así cando tocou escribir xa non nos resultou tan difícil.

Falamos, lemos, rimos e tamén choramos lendo os momentos importantes da nosa vida que escribimos.
Aprendemos que se pode escribir sen sentido e contradicíndonos, que é tamén unha maneira de expresar o que nós somos.

O certo é que as 2 horas con María nos souberon a pouco e estamos desexando repetir!
Celebramos o Día das Bibliotecas, cun obradoiro de Alouette Machine, isto é, Cris e Janba, para facer carteis e postais coa técnica da Tipografía. Ensinaron letras de madera, prensas de impresión, rolos, tintas, papeis que permitiron, ás persoas participantes, coñecer como se imprimían os libros no pasado e crear carteis e postais que poderon levar para as súas casas.



Séguenos