Contos da leiteira
Moitas grazas a Raquel pola contada que nos fixo na Biblioteca Pública de Poio.
Ata pronto!
Moitas grazas a Raquel pola contada que nos fixo na Biblioteca Pública de Poio.
Ata pronto!
O sábado 9 de setembro chegou Electra, de Pedras de Papel Artesanía, á Biblioteca Pública Municipal de Betanzos para ensinarnos as técnicas de cestaría tradicional. Nun obradoiro dinámico e divertido, pequenos e maiores aprenderon a trenzar papel reciclado para crear os seus propios cestos. Ao tratarse de materiais reciclados, agora poden repetir a técnica na súa casa e facer un cesto…ou un cento!




O día 24.08.2023 no Salón de Plenos adxunto á Axencia de lectura congregaronse nen@s, mozos e adultos para crear chapas pola igualdade.
En continua colaboración e con moita ilusión todos acabaron lucindo as súas creacións e presumindo da súa obra.-


O dia 19.08.2023, a pesares das condicións climáticas desfavorables que impediron a realización da actividade ao aire libre; xuntáronse na Nave do Concello, un grupo de nenos/as xunto cos adultos, dispostos a aprender as técnicas de creación de pinturas naturais; e o máis interesante, a poñelo en práctica coa realización dun Mural onde quedaron reflexados os coñecementos dese día e a aposta pola igualdade que se fai dende este Concello e esta Axencia de lectura de Parada de Sil
Nesta ocasión achegamos a narración oral ao Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira. A contadora Alba Grande relatou varias historias recuperadas da tradición oral e logo convidou aos asistentes a presentarse e contar relatos ou contos que souberan. Para rematar votaron unhas cantarolas e así pasou a mañá.


Partindo da lectura de contos, traballouse o respecto e a atención a prestar ós sentimentos e ó corpo d@s nen@s. Participativo nun ambiente moi confortable.

O pasado 18 de maio Ignacio Vilariño visitou As Pontes co seu espectáculo “A viaxe de Ramón Sanfiz”. Foi un pracer escoitar os contos da viaxe, as cantigas e romances e revivir con el o personaxe de Francisco Fernández Del Riego. Especial ilusión nos fixo o conto sobre O flan chino mandarían, a boa conta que o seu artífice foi o pontés, José Ferro. Moitas grazas Ignacio por facernos pasar unha tarde tan divertida.
O mércores, 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos na B.P.M. de Vilar de Santos a visita de Fran Campos, acompañado da súa guitarra e da súa amiga Filipa.
Pasamos unha tarde moi divertida e amena con esta sesión de contacontos, da que desfrutaron moito tanto nen@s como adultos.
Unha actividade moi recomendable para todas as idades.


O pasado martes 16 de Maio ás 10:00 horas e organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén dentro do programa LER CONTA MOITO de 2023, tivemos con nós no Auditorio do Concello ao MAGO MARCO co seu espectáculo “MAXIA PARA SOÑAR” co que conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor D. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Neste espectáculo sorprendente, para gozar en familia, o Ilusionista Mago Marco propuxo unha viaxe de soño e ilusións envoltas nun misterio. A proposta de Marco foi a maxia clásica adaptada aos nosos tempos con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e o máis importante unha maxia interactiva en que o público foi o grande protagonista como se demostra nas seguintes imaxes.
Contamos coa asistencia a este evento de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira acompañados dos seus mestres.
O martes, 16 de maio, no Teatro As Torres, asistimos ao concerto do artista Xoan Curiel co seu espectáculo musical “Cantando as nosas Letras”, unha actuación para público familiar para conmemorar o Día das Letras Galegas, un xeito de achegar a literatura galega a todo o público, facendo un percorrido por varios escritores e escritoras aos que se lles dedicou este día.
Todo desde un prisma de xogo musical e xestual facendo participar a todos os asistentes.





Séguenos