Trécola Teatro na Biblioteca MªJosé Trincado de Mera ( Oleiros)

Este venres na bibioteca de Mera puidemos gozar co LEÓN AZUL de Trécola Teatro.
A biblioteca transformouse nunha abraiante pista de circo.
Foi unha sesión moi divertida e entretida

Este venres na bibioteca de Mera puidemos gozar co LEÓN AZUL de Trécola Teatro.
A biblioteca transformouse nunha abraiante pista de circo.
Foi unha sesión moi divertida e entretida

O pasado venres 29, as familias acudiron á biblioteca municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) para aprender a debuxar letras nun interesante e ameno obradoiro creativo, a cargo de Alba Farto.
O venres, 29 de setembro tivemos a visita de TrinkeTrinke Teatro, co espectáculo O ratiño presumido.
Co rato Fuco e a ratiña Lily Gruyere chegados de Lonxedetodo, dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño que racha cos estereotipos de xénero.

O espectáculo tivo moi boa acollida por parte do público, tantos dos nenos/as coma dos maiores.
Pasárono xenial!!

O venres 29 de setembro na Biblioteca Municipal de Láncara tivo lugar a representación do espectáculo de títeres “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos , unha versión do popular conto de Andersen co que os cativos e máis os adultos presentes pasaron un anaco divertido.

A aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de trasnos que amolan e fan imposible a vida dos seus habitantes. Con este punto de partida, David Merelas (Moc Moc MeRe Clown) achegou o pasado xoves aos nenos/as feneses “A verdadeira historia de Hamelín”, unha versión divertidísima do conto clásico.

Espectacular Paula Carballeira! Tanto m
edo pasamos que se nos deu por rir
O Sábado 30 ás 12h, máis de 50 rapaces e rapazas disfrutaron das aventuras de Jazzy e Blussy na BPM de Oroso.
O sábado 30 de setembro visitounos en Burela, Luis Vallecillo , co espectáculo “A Igualdade non ten idade”.
Foi unha tarde leda para todos nós onde Luis nos falou e cantou temas sobre a igualdade, un espectáculo con moita música, xogos e dinámicas diversas onde descubrimos
que a Igualdade non ten idade.
Grazas Luis por todo !!!

O pasado venres, 29 de setembro, o mago Paco visitou a nosa biblioteca municipal. Máis de 150 nenos e nenas asistiron a un espectáculo de maxia e narracións co fio conductor da igualdade. Igualdade entre homes e mulleres, igualdade de dereitos para todos e todas independientemente da raza, orixe ,procedencia e nivel económico. Pero igualdade dentro da diversidade, ser diferentes pero cos mesmos dereitos.
Durante hora e media o mago Paco mantivo o interés do público facendo que participaran nas súas propostas.
Os asistentes quedaron moi satisfeitos e con gañas de volver a ver e participar en actividades coma esta.



O venres 29, Paula Carballeira presentounos Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras , unha selección de historias na que coñeceremos o importante papel das bruxas, moi alonxado do que habitualmente presentan outros contos




Séguenos