ROUPA TENDIDA DE ATENEA GARCÍA NA ALM XOSÉ NEIRA VILAS DE TOURO
Pequenos e maiores desfrutaron na tarde do pasado venres 2 de xuño, de Roupa Tendida, función protagonizada por Atenea García
Pequenos e maiores desfrutaron na tarde do pasado venres 2 de xuño, de Roupa Tendida, función protagonizada por Atenea García
O pasado venres día 9 o mago David Méndez presentou o seu espectáculo “A óptica das ilusións” aos usuarios e usuarias da asociación ASPROMOR.
Pasamos unha mañá chea de maxia e diversión.


O alumnado e familias da Escola Infantil de A Fonsagrada desfrutaron de contos e cantigas con Caxoto na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada. Esta función está chea de animais, pequenas historias e cantos no día a día na granxa de Xan.
Na BIBLIOTECA PÚBLICA DE TABOADA.

Espectáculo de maxia, humor e participación da concorrencia co obxectivo de pór, encol da mesa,
a afirmación de que todos/as somos iguais.
A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.




CIENTIFICAS MEDRANDO
As nenas e nenos que participaron no obradoiro de Cientificas medrando, fixeron o seu propio libro pop-up, sobre a biografía dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras da ciencia.

O bardo Abelardo achegou contos sobre o coidado da natureza mesturados coa música do seu acordeón, facendo partícipe a todo o público. Unha boa maneira de rematar a Semana mundial do medio ambiente
.


Nesta ocasión achegamos a narración oral ao Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira. A contadora Alba Grande relatou varias historias recuperadas da tradición oral e logo convidou aos asistentes a presentarse e contar relatos ou contos que souberan. Para rematar votaron unhas cantarolas e así pasou a mañá.

Vanesa contounos tres contos para animar a Pepe a saír do seu oviño. Fermosa sesión que gustou a pequenos e maiores!

Este mércores, 7 de xuño, a Biblioteca tivo duas visitas moi espaciais, unha o Mago Marco, a quen lle queremos dar mil grazas pola gran humanidade e o cariño que co que recibiu os rapaces de ASFAVAL, e tamén pola calidade da sua actuación. A outra visita foron os rapaces de “ASFAVAL” (Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras) , grazas tamén polo voso cariño. Todos xuntos soñamos!!!!!





Séguenos