A Biblioteca de Ribeira foi a Artes



O día 29 de abril veu de visita Anna Facchini para contar “Contos da pota ” o pasamos moi ben e nos reímos moito. Foi estupendo e pasamos unha tarde estupenda.
Na mañá do sábado 7 de maio, tivemos a sorte de contar con Ton, de Mircromina Títeres, para poñer mans a obra, nun divertido obradoiro de cartón onde desfrutamos e construímos distintos personaxes, deixando voar a nosa imaxinación.

Representación do conto “Garavanciña e o esquío” con monicreques e busca de recursos sonoros para musicar o conto. Crearanse os sons con voces, con obxectos naturais e obxectos da vida cotiá: auga, xornais… e formarase unha orquestra grupal con instrumentos para acompañar as cancións do conto.

O pasado venres tivemos na Axencia de Lectura de Domaio ao grupo Barafunda animación. Pequenas/os e maiores divertíronse moito con Leda e o seu avó Cristovo, o censor de monstros, que viñeron a Domaio para descubrir os monstros e seres fantásticos que habitan en Galicia.
O sábado 7 de maio Polo Correo do Vento visitou a biblioteca municipal de Chantada para achegarnos á figura de Florencio Delgado Gurriarán, coa actividade “Florencio Delgado Gurriarán. De valdeorras a México.”
Valéndose dos contos, a música e as ilustracións, fixeron que pasaramos unha agradable sesión. Os máis pequenos axudados polo ilustrador do grupo Carlos Taboada, fixeron cadansúa caricatura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.





O venres 6 visitou a Biblioteca do Grilo-Cacheiras Óscar Villán para falarnos do mundo da ilustración. Partindo do seu traballo e do traballo doutros artistas, amosou unha panorámica do proceso creativo detrás da ilustración e de distintas maneiras de abordar esta disciplina artística.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, a BPM de Boqueixón acolleu, o venres 22 de abril, unha actividade de dinamización da lectura Filipa cos Contos, de Bandullo Azul.
Preto de 40 rapaces e rapazas asistiron a esta sesión de contacontos con contos moi divertidos da man de Fran Campos e a súa amiga Filipa que narraron historias musicadas para toda a familia mesturando tradición, música e humor. Un flipe!
Ademáis deste espectáculo, durante a semana do 19 ao 22 de abril os usuarios da biblioteca puideron levar un libro de forma gratuíta dos expositores habilitados, co fin de fomentar a lectura entre a veciñanza. Esta iniciativa tivo unha gran acollida entregándose máis de 250 libros.


Biblioteca navegante
Un solleiro día 5 de maio, ás 6 do serán, na biblioteca de Vilaboa, Culleredo, quedamos marabillados coa fermosa historia da capitana Mariana e a súa biblioteca navegante. Con ela, chegamos ao país de Sapolandia, onde a princesa sapiña descubre que as motos corren máis que os sapiños.

En Sapolandia



Séguenos