Atrapados con Harry Potter na B.P.M de Poio
O luns 25 de outubro celebramos o Día Das Bibliotecas cun Escape Room moi especial: Atrapados con Harry Potter de Ceo Aberto.
O luns 25 de outubro celebramos o Día Das Bibliotecas cun Escape Room moi especial: Atrapados con Harry Potter de Ceo Aberto.
Foi un contacontos con títeres de gran calidade escénica e ínterpretativa ,con moito colorido logrando a atencion dos pequechos durante case unha hora.


Espectáculo sorprendente, onde o ilusionista Mago Marco propuxo unha viaxe de soños e ilusións envoltas nun misterio.





Excelente actividade de Damián Alonso Lorenzo, actor de dobraxe e teatro, formandor en obradoiros de voz, lectura interpretativa, dobraxe e podcast, falar en público… Obradoiro moi dinámico e participativo, de máis de duas horas, que tuvo os rapaces e rapazas moi implicados na actividade dende o primeiro minuto: ler en voz alta, crear e gravar un podcast, saber enfrontarse a calquera texto ante o micrófono, seguridade para desenvolverse no ámbito oral, aprender a escribir para locutar…
Larraitz Urruzola con poemas, cancións e sobre todo monicreques, contounos moitas historias que nos fixeron rir e tamén nos explicou como
se fan os monicreques.

Com preludio do Día das Bibbliotecas, visitounos Carmen Domech. E através dunha carteira moi especial, contounos xuntos os seus monicreques contos para reflexioanr sobre a iguladade. Para divertirse e pensar


Divertidos contos da ratiña Carolina: distintas modalidades de familias e moitas profesións a elexir no futuro: pescadora, bombeira, espía … Un fantástico contacontos no homenaxe o Días das Escritoras e oDía das Bibliotecas.

Moi ben o pasamos coa combinación de narración oral e debuxo que tivemos para coñecer a historia de Breixo na Noite de Reis. E para rematar un pequeno obradoiro.

O Mago Teto regresou a Valadouro e de novo foi a crónica dun éxito anunciado. Sabiamos que era un dos mellores magos de Galicia e non defraudou a un público familiar, entregado
a o espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos.
Coa maestria do mago, un verdadeiro showman na escea, brillante, detallista, divertido… facendo as delicias de grandes e menores, foi debullando un truco tras outro deixando coa boca aberta ao espectador: aros, cartas, botellas que se multiplican, moedas invisibles, etc. O tempo de espectáculo literalmente voou no patio de butacas culminando a visita cun longo e sonoro aplauso.
Soledad Felloza fixo as delicias do público adulto que asistiu ao contacontos con grande interese e particicipación.
“Entre o caravel
e a rosa-Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán”: Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario.




Séguenos