Cores de Charlatana na Biblioteca de Vilalba
Os rapaces de Colexio Insua Bermúdez d
e Vilalba disfrutaron hoxe das historias de Marta Ortiz co espectáculo Cores
Os rapaces de Colexio Insua Bermúdez d
e Vilalba disfrutaron hoxe das historias de Marta Ortiz co espectáculo Cores
Ana Hermida da Asociación Lisístrata este mércores 9 de outubro estivo connosco coa súa actividade “Contando en Feminino”.
Historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Xogou e contou con rapazada de primeiro de primaria da escola de Galán.

A fibra óptica, a visión das abellas, interacción da luz nos corpos…. maravillosa e divertida tarde. Gracias Vicente!

Fantástica tarde con María Píntega!!

O mércores 9 de outubro tivemos a Charo Pita coa súa proposta para bebés.

Foi un rato moi ameno e divertido, xa que os bebés desfrutaron tanto coma as nais, avóas e pais.
Coa familia Papaventos coñecemos a moitos animais, cantamos cancións, bailamos e rimos.
Moitas grazas a Charo Pita pola súa visita!

O pasado luns, 7 de setembro, tivemos 2 pases na BPM Luis Rei a cargo de Caxoto, trouxo a biblioteca un conto no que os nenos e nenas interactuaban co contador. Unha activiadade didáctiva onde daba a coñecer varios dos instrumentos musicais de cultura tradicional galega como a gaita galega ou a pandereta. Foi un espectáculo moi recomendable.


As crianzas asistentes ao obradoiro que se realizou o mércores 9 de outubro, seguindo as indicacións de Miguel, fixeron figuras de animais de papel e unha caixa para gardalas.
Foi unha maneira entretida de aprender.
A través da música, a mímica e os xestos foi como comezou a actuación de Dani Blanco, para ir pouco a pouco coa palabra. Malabares e maxia para unha actuación que encantou a pequenos e maiores. Divertida e dinámica, sobran as palabras.

Pablo Sánchez (Pablísimo) deleitounos o martes 8 cunha actividade en Igualdade realmente magnífica.




Buscamos príncipes rosas e princesas azuis. Escoitamos contos versionados á igualdade de xénero, como O Príncipe e o chícharo, tamén O Príncipe Cincento de Babette Colle e ata escoitamos ás princesas botar peidos!
Poidemos ver e tocar diversos instrumentos musicais de varias partes do mundo e montar unha auténtica orquesta cos adultos acompañantes
Todo un derroche de xenialidade e unha maneira divertida de reflexionar sobre a igualdade de xénero.


O martes 8 de outubro, chegou á Biblioteca de O Froxel – “Fco. A. Vidal”, LUCAS REQUEJO da man dos seus “CONTOS POLA NOSA SAÚDE O ULTRALIMENTO IMAXINADO”.
Lucas, a través das súas historias do superhero “ULTRALIMENTO”, amosou os cativos e cativas a importancia dos alimentos como fonte de saúde, aprendendo e divertíndose coa receita das “bombas de saúde”, baseado en noces, abelás e cacao.


Séguenos