Os bebés de Moeche van á biblioteca

“Güe Güe”
Jorge Rey, a bebé Güe Güe, a lúa, o ratiño, a avoa, o lobo, as ovellas, as ondas do mar e outros personaxes fixeron as delicias dos bebés de Moeche que os contemplaron fascinados, xunto ás súas nais.

“Güe Güe”
Jorge Rey, a bebé Güe Güe, a lúa, o ratiño, a avoa, o lobo, as ovellas, as ondas do mar e outros personaxes fixeron as delicias dos bebés de Moeche que os contemplaron fascinados, xunto ás súas nais.

CIENCIA EN RUTA achegounos onte a unhas primeiras nocións sobre o sistema solar e tamén á figura de varias mulleres astrónomas. Esta actividade veu a Muxía pola subvención de actividades de animación á lectura pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Quizais no público había nenas e nenos moi pequenos, pero para unha idade a partir de nove anos é moi recomendable e didáctica. Con todo as máis pequeniñas xa saben que poden ser o que queiran e que houbo importantes mulleres científicas. Disfrutaron moito tamén xogando cos planetas.
o venres 6 de setembro visitounos Soledad Felloza con “Bolboretas”. A historia de Laia e da súa nai. Historias de nenas e mulleres que voan alto, e que loitan polo que queren.


Dámoslle as grazas a Sole, no só por facernos partícipes das súas historias, senón tamén polo esforzo que lle supuxo (estando lesionada e con muletas)
Maxia de catro a catro” é un espectáculo do Mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis mistico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías, un espectáculo ameno e entretido de carácter familiar con máis de 125 persoas de catro a noventa anos. Trucos e xogos con todo tipo de público para favorecer o caracter da igualdade que posúe a convocatoria.

Onte tivemos a Caxoto na Biblioteca de Muxía cos seus contos pola igualdade. Esta actuación veu polas axudas para as actividades que promocionan a igualdade, e que se escollen polo mesmo catálogo do Ler Conta Moito. As nenas e nenos pasárono moi ben cos contos que falaban disa enfermidade chamada “machismo”

O pasado venres, os nenos e nenas de Coirós disfrutaron dun espectáculo de maxia, onde estivo presente en todo momento promocionar a igualdade de xénero.
O 9 de setembro tivemos un contacontos do programa de Igualdade e contra a Violencia de Xénero titulado “Iguais, diferentes” de Expresión Produccións. A traves dos contos os nenos aprenderon boas conductas de igualdade de xénero misturadas con maxia. Estas son as fotos da actividade:



O venres 6 de setembro tivemos un contacontos do programa Ler conta moito titulado “Unha árbore ven a vernos” do Carballo con botas, Anxo Moure e os nenos aprenderon moito sobre o ecosistema e como coidar do bosque. Estas son algunhas das fotos:



O luns día 9, tivemos na nosa Biblioteca a Charo Pita cun montón de contos : Helena, As primeiras fresa, un conto cheroqui…e moitas cancións e musica de No país do vento. Con estes contos os nenos veron que non ten que haber barreiras na sociedade.

O venres, 6 de setembro, recibimos a visita dos ratiños de Lonxedetodo na biblioteca de Mera (Oleiros) . A gran Lilí Gruyère e o rato Fuco entusiasmaron ao seu público coa lectura dos contos “Oliver Button es una nena” e “A ratiña presumida” e coa representación do musical “O ratiño presumido” que precisou da colaboración das nais e pais.



Séguenos