CONTOS E CANCIÓNS NA BIBLIOTECA DE MEIS

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.
O sábado 7 de xuño a nosa sala multiusos encheuse de maxia, música e ilusión coa visita da Fada Diana! Nenos e nenas (e tamén as súas familias) gozaron dun espectáculo cheo de fantasía, participación e aprendizaxe.
Coincidindo coa celebración este pasado xoves 5 do Día Mundial do Medio Ambiente, viaxamos a un mundo máxico onde aprendemos que a reciclaxe, o coidado do planeta e a igualdade tamén poden ser cousa de fadas.
Con danza, circo, maxia e moita diversión, a Fada Diana fíxonos lembrar que todas e todos podemos ser parte do cambio.

.jpg)
.jpg)
O venres día 6 de xuño a Biblioteca de Barro acolleu a primeira actividade do programa “Ler conta moito” deste ano, cunha xornada moi especial!
Un total de 112 rapaces e rapazas do CEIP Amor Ruibal participaron na actividade “Castelao para crianzas”, onde puideron achegarse dun xeito lúdico e creativo á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A través da música, da narración e do debuxo, coñeceron un pouquiño máis da vida e obra dun dos grandes referentes da cultura galega.



Seguimos promovendo a lectura e a cultura galega entre os máis pequenos!
AS SEGUNTES DATAS:
🧙♀️ A corpo contado. Contacontos con Charo Pita.
Data: 09/08/2025.
Hora: 12:00
🤹♂️Circo na Biblioteca.
Data: 22/09/2025.
Hora: 12:00
-Entrada gratuíta.
-Prazas limitadas
-Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.
A compañía de monicreques Galitoons ofreceunos un entretido e creativo obradoiro de construción de monicreques de calcetín. Nenas e adultos aprenderon xuntos a crear simpáticos títeres partindo de calcetíns, pelotas de ping pong, fieltro, escuma, goma EVA e fíos de la. Despois da confección dos monicreques, Chisco, que dirixiu o obradoiro, ensinoulles a manipular as personaxes que cada participante creou. Incluso, todas xuntas, títeres e “titiriteiras” cantaron unha canción.
Seguro que agora nas casas a creatividade continúa con historias que representarán os monicreques creados na Biblioteca de Carral.

Hoxe, venres día 6 de xuño, recibimos a visita de Felipe Díaz “Caxoto” na Biblioteca Municipal da Estrada, co seu espectáculo «Levántate, Xan!!!», para bebés de cero a tres anos. Co seu característico estilo cautivou aos usuarios máis pequenos (e tamén aos maiores), que gozaron coma porquiños na lama coas súas cancións e co desfile das distintas personaxes que habitan a granxa de Xan.



Con Xoán Curiel pasamos unha tarde super divertida, na que nos contou como montar unha banda de música entre amigos. Un espectáculo con muita música de diferentes xéneros , rock, reggae, pop, etc., onde conseguiu facer bailar e cantar a adultos e nenos.

A actividade infantil de Paco Nogueiras titulada “Son Animal” é un espectáculo que combina música, narración e a interacción co público infantil, sempre cos animais como tema central. Esta actividade tivo lugar o día 5 de xuño na Biblioteca Municipal de Ponteareas e incluiu:
Música en directo: Cancións pegadizas e cheas de ritmo que falan de distintos animais, a súas características, os seus sons e as súas costumes. A música foi un compoñente esencial e involucrou totalmente aos cativos que gozaron moito con esta actividade.
Narración de historias: Paco Nogueiras guíou aos participantes a través de contos e anécdotas relacionadas cos animais.
Interacción e participación: Os nenos/as non foron meros espectadores, senón que participaron cantando e bailando. Fixeron tamén sons de animais e participaron nas historias e xogos propostos, iIsto convirtiu esta actividade nunha experiencia moi dinámica e participativa.
O obxectivo principal era que os cativos/as gozarán e se divertisen
mentras aprenderon cousas sobre o reino animal, dunha maneira lúdica e creativa. Esta actividade fomentou o amor polos animais, o desenvolvemento da imaxinación e a creatividade.
Resumindo, “Son Animal” foi unha proposta cultural que ofreceu unha experiencia completa e enriquecedora para o nenos e nenas de Ponteareas, combinando educación, arredor do fascinante mundo dos animais.
.

Os membros do Club de Lectura Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober, rimos, emocionámonos e desfrutamos cos contos de Cris de Caldas.
Co seu espectáculo, A conto delas, coñecemos as historias de mulleres que a súa avoa lle contaba, nunha tarde moi amena e divertida


Séguenos