OQO co seu obradoiro “Coas mans na masa” visita a Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros
Cunha puntualidade impecable e moita expectación por parte do noso público participante comezou este obradoiro. O seu nome, “Coas mans na masa”, é ben acaído, pois niso mesmo consistiu a actividade.
Primeiro se leu o conto “Maruxa” de Eva Mejuto, e despois a proposta foi facer con figuras de masa de pan os personaxes do conto. Traballouse arreo amasando, e logo de acadar a textura axeitada, as figuras foron aparecendo sobre unhas bandexiñas de cartón. Remataron coloreando figuras e bandexas. Resultado fenomenal para unha actividade que mestura animación á lectura, psicomotricidade fina, e formación plástica.














![IMG_1307[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/09/IMG_13071-690x518.jpg)
![IMG_1309[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/09/IMG_13091-690x518.jpg)

O pasado 22 de setembro, Atenea da compañía “Xarope Tulú” visitou a biblioteca de Campo Lameiro para deleitarnos co seu ben facer. Foi unha sesión moi divertida e dinámica na que Atenea arrincou os sorrisos do público asistente coa súa divertida interpretación dos contos, adiviñanzas e cancións.









Séguenos