Tarde divertida coas “Historias da Maletra” de Raquel Queizás na biblioteca “Miguel Sande” de Pastoriza, Arteixo
O xoves 26 de setembro pasamos unha tarde entretida e divertida, dende as 18.50 e ata ás 19.50 horas Raquel Queizás non parou de sorprender os pequenos da nosa biblioteca coa súa “Maletra”. Empezou a sacar letras e máis letras, despois contounos historias dun “Papon” que se comía o pan con mel que avoa preparara para as súas netas, máis tarde visitounos un “bicho raro” que cruzaba o río pisándolle a cabeza ós crocodilos, este bicho estaba moi triste porque pensou que estaba só no mundo pero de repente do ceo chovían ovos que empezaron a escachar, todos estes ovos eran centos e centos de bichos raros que non eran tal, senon páxaros dodo.
O final da actividade fíxose un sorteo para que os afortunados puidesen disfrutar na súa casa dos contos cos que tanto nos divertimos na biblioteca.
























Séguenos