María Elena González Arca na Biblioteca Central Municipal “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Esta tarde gozamos con “Atlántico a viaxe da nosa vida” unha historia para a rapazada, centrada en descubrir os procesos migratorios que marcaron a Galicia, a través dos debuxos do soado autor Castelao. Nenos e nenas mergúllanse nunha aventura de amor, identidade e memoria, creando os seus propios debuxos inspirados nas obras do autor. Con cada trazo, os mozos participantes non só exploran a obra de Castelao, senón tamén a historia de tantos galegos que, como el, viviron o desarraigamento e o retorno. Esta experiencia fixo que os participantes desfrutaran dunha xornada lúdica e educativa.



















Séguenos