Experimentamos cos Levitadores ultrasónicos e os Hologramas DYI

19. Febreiro 2021
Experimentamos cos Levitadores ultrasónicos e os Hologramas DYI
A levitación  ultrasónica é un fenómeno físico non lineal relacionado coas ondas acústicas. Trátase dun método para suspender materia no aire contra a gravidade utilizando presión de radiación acústica de ondas de son de alta intensidade. Son esas ondas acústicas as que logran manter ao obxecto suspendido (pequenas partículas,  gotículas..) no aire sen necesidade de 

Feliz San Valentín Maker

14. Febreiro 2021
Feliz San Valentín Maker
Hoxe é San  Valentín, unha conmemoración das boas obras realizadas polo Santo Valentín de Roma que están relacionadas co concepto universal do amor e do afecto. Esta agarimosa xornada pode ser interpretada como unha boa oportunidade de celebrar e amosar estes sentimentos independentemente das crenzas, tendencias, pensamentos ou posicionamentos sociais. Desde  CAFI Aula Nova pensamos 

Con outra ollada: Olladas caleidoscópicas

05. Febreiro 2021
Con outra ollada: Olladas caleidoscópicas
Olladas  caleidoscópicas é unha actividade formativa promovida por un equipo interdisciplinar de CAFI Galicia formado por tres departamentos: Innovación, Linguas e Aula Nova. Esta actividade conxunta ten carácter investigador e pretende introducir a co-creación grupal nunha contorna virtual de traballo. O obxectivo final desta actividade é desenvolver unha secuencia de traballo guiada, pero totalmente flexible, 

Tes un problema? No pensamento de deseño está a solución.

29. Xaneiro 2021
Tes un problema? No pensamento de deseño está a solución.
O pensamento de deseño ou  design  thinking é un método formado por unha secuencia de etapas que permiten xerar ideas innovadoras, está centrado en entender un problema, poñerse no lugar da persoa afectada e dar unha solución ás necesidades reais dese usuario que as necesita.  Einstein xa nos adiantaba: “Non podemos resolver problemas utilizando o 

Novo ano, novas oportunidades formativas STEM/STEAM. Achégate a AulaNova!

15. Xaneiro 2021
Novo ano, novas oportunidades formativas STEM/STEAM. Achégate a AulaNova!
Feliz ano formativo, comezamos un novo trimestre cheo de oportunidades de aprendizaxe impulsado dende o equipo de traballo da asesoría de formación de Aula Nova en CAFI Galicia. Agora mesmo o principal problema é a mobilidade dos docentes e dos/as relatores/as, tendo restrinxidas na meirande parte dos casos as viaxes entre concellos e provincias e 

Felices festas dende Aula Nova

22. Decembro 2020
Felices festas dende Aula Nova
O equipo de traballo de Aula Nova deséxalles un bo nadal e un vindeiro ano 2021 cheo de proxectos maker. Aquí vai a nosa felicitación 3D e os nosos mellores desexos para seguir aprendendo xuntos. E agora imos compartir coñecemento porque podes crear un agasallo 3D de xeito sinxelo e deixar o teu mensaxe para 

De Galicia ao espazo

14. Decembro 2020
De Galicia ao espazo
Imaxinas construír xunto ao teu alumnado un pequeno satélite de comunicacións e recibir e interpretar datos na súa traxectoria? Toda unha grande oportunidade de desenvolver unha experimentación práctica relacionada co espazo dentro do proxecto CanSat, unha iniciativa de ESERO (European Spaxe Education Resource Office) da ESA, a Axencia Espacial Europea en España. Está dirixida ao alumnado 

Os retos e as oportunidades da Intelixencia Artificial (IA)

04. Decembro 2020
Os retos e as oportunidades da Intelixencia Artificial (IA)
A intelixencia artificial (IA) é a intelixencia desenvolta polas máquinas formadas por unha combinación de algoritmos que permitan a esa máquina amosar unhas capacidades similares aos humanos. Pode parecer que é unha tecnoloxía moi futurista, moi técnica e afastada da educación pero que agora mesmo está moi presente nas nosas vidas e poden enriquecer a 

Aprendendo na Maker Faire Galicia 2020

27. Novembro 2020
Aprendendo na Maker Faire Galicia 2020
Se participaches nunha feira maker saberás que a interacción entre os membros é unha parte relevante do evento, podes falar, contactar cos participantes dos expositores, ser parte dun obradoiro ou podes escoitar a algún persoeiro relevante no universo argalleiro. Este ano gozamos dunha panorámica anómala, envoltos nun escenario virtual onde nos desprazabamos para interaccionar con