FemininoPlural: as mellores cancións escritas por mulleres na Biblioteca Ágora
O pasado venres e para pechar as actividades do Programa de Voluntariado na Biblioteca Ágora de A Coruña recibimos a Silvia Penide -voz e presentacións- e Carla López -piano e voz- co seu espectáculo FemininoPlural. Asistiron 54 persoas entre voluntari@s e usuari@s dos nosos programas de formación permanente de persoas adultas: Alfabetización, Hora de Lectura e Lectura fácil. Un percorrido polas cancións escritas por mulleres que puidemos seguir e cantar coas artistas nun encontro emocionante e totalmente adaptado aos asistentes que gozaron das letras e a música de Mari Trini, Amaral, Violeta Parra…


FemininoPlural

























Séguenos