16/06/2025
Na mañá do 13 de xuño celebramos na Biblioteca Municipal de Coristanco un inspirador obradoiro de contacontos para adultos, guiado pola actriz e narradora Paula Regueiro García, da compañía Tremola Teatro.
A actividade estivo dirixida a pais, nais, avós, avoas e persoas interesadas en aprender a contar contos a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos. Durante o obradoiro, as persoas participantes mergulláronse no mundo da narración oral a través dun enfoque lúdico e vivencial. Traballouse con diferentes técnicas de expresión oral, como a voz, o ritmo, a mirada, os silencios e o corpo, achegando recursos sinxelos pero eficaces para facer dos contos momentos cheos de maxia e conexión emocional.
A actividade tivo unha gran acollida, cun grupo moi participativo que desfrutou tanto das dinámicas como das reflexións sobre a importancia de contar historias como ferramenta educativa e afectiva.
Desde a biblioteca agradecemos a Paula Regueiro a súa entrega e profesionalidade, así como ao programa Ler Conta Moito por facer posible esta enriquecedora experiencia.

Séguenos