O señor do castelo de Sabela Gago
E este sábado, día 23 de outubro tivemos na aula de lectura infantil xuvenil do concello de Bergondo a Sabela Gago. Os nenos e nenas pasaron unha mañá moi divertida con este contacontos.

E este sábado, día 23 de outubro tivemos na aula de lectura infantil xuvenil do concello de Bergondo a Sabela Gago. Os nenos e nenas pasaron unha mañá moi divertida con este contacontos.

Os/as máis pequechos/as do lugar aproveitaron a chuvosa mañá do pasado domingo 24 de Outubro para gozar da
estimulante actuación Musicreques ( Contacontos musicais) da Asociación Tres por Catro. Na que a música en vivo e os contrastes de luces e cores, mantiveron a atención das numerosas familias que se achegaron para a presenciar.

O venres día 22 tivemos a actuación do Mago Deimi, co espectáculo ” A Maxia está nos Libros”. Actividade de maxia na que os protagonistas foron os libros. Interaccionou cos rapaces para que entenderan a lectura como unha experiencia máxica chea de ilusión.

O venres en Domaio enchémonos de rock con Pakolas mentres admiramos a arte de Laura Romero co seu mural ao redor da historia de Ramona Órbita. Unha tarde divertida para os máis pequenos que non pararon de bailar.






O pasado sábado 23 de outubro ás 18:30 tivemos unha cita c@s máis pequen@s na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada para celebrar o Día da Biblioteca. Da man de Antía Yáñez e das “rescatadoras”, mulleres literatas nos andeis da nosa biblio, que foron deixando pistas, @s peques da casa aprenderon moito máis sobre a biblioteca e pasaron unha tarde de sábado moi divertida!

Esta representación da man de Marta Ortiz foi representada no salón de actos na Casa da Cultura de Meira, onde está ubicada a Biblioteca e ata alí achegáronse os nenos do cole Avelino Díaz, esta espectacular actuación rememorou e transmitiu a interesante historia do oficio da costureira. Os nenos seguiron as historias con moito interese e sen perder o ” FÍO” das mesmas, grazas a Marta que coa súa gran actuación e delicadeza de gran artista, fixo que os rapaces desfrutaran e ó mesmo tempo coñeceran os valores tan importantes do oficios das costureiras. 

Divertido, divulgativo e participativo obradoiro/espectáculo sobre o Sol, e sobre a natureza e propiedades da luz, que deixou aos nenos/as de 2º e 3º ciclos do CEIP de Moeche enganchados, cheos de interese e asombrados ante os experimentos e as exposicións de Vicente Mohedano, tomando un papel moi activo en todo momento.
Grazas a Vicente polo que puxo da súa parte para que a actividade puidese chegar ao maior número de alumnos posible, tendo en conta os protocolos covid dos colexios.
A representación da obra Contos da Lúa, realizada en Meira para os nenos do cole Avelino Díaz de Meira, foi representada na Casa da Cultura onde está ubicada a Biblioteca e descorreu nunha sesión que estivo caracterizada polos risos e as gargalladas dos nenos que se viron moi afanados en escoitar ó artista que os deixou abraiados coas súas historias que lles estaba a contar.

O pasado venres 22 tivo lugar na Biblioteca Municipal de Abegondo un obradoiro de creación de marionetas.
O primeiro paso que fixeron foi crear as “crucetas” que logo serviron de base para colgar os fios das marionetas. Logo, fixeron a silueta das figuras (todas foron siluetas humanas) con papel de periódico e decorárona con folios de cores (pelo, roupa, …). Unha vez creada, colgárona na cruceta cuns fíos brancos.
O obradoiro foi moi entretido e divertido para as nenas e nenos que participaron.


Un gran misterio tivemos que desentrañar na Biblioteca de Coristanco tras atopar un cadáver na zona de Clásicos da nosa biblioteca. Tras moito investigar e buscar pescudas ao longo dos estantes, logramos dar coa verdade deste crime.



Séguenos