“Debulendo…lendas galegas” con Tarabelos Teatro na Biblioteca Municipal Mª José Ruso Dorneda
Este luns 30 de setembro mergullámonos nas lendas galegas da man da compañía teatral Tarabelos e o seu espectáculo “Debulendo… lendas galegas”. Xacias, dragóns e outros seres mitolóxicos tomaron vida na nosa biblioteca a través de historias debuxadas coa técnica do kamishibai, narracións nas que tamén puido participar o público coas súas propias ilustracións e converténdose nun personaxe máis de cada lenda.
















Séguenos