05/10/2023

Obradoiro co método Zentangle no que un grupo de maiores, necesitados de estimulación terapéutica, decoraron un poema desenvolvendo, por medio desta técnica, a súa creatividade, a tranquilidade interior e a concentración.
Un ano máis, decidímonos por un obradoiro con este método como instrumento, pois é sinónimo de calidade á vez que de magníficos resultados conseguidos a través das diferentes propostas. Ademáis do nomeado anteriormente ( a creatividade, a relaxación, a concentración ) os participantes ven aumentada a súa autoestima ante as obras resultantes.
Magnífica actividade dirixida, con calidez e profesionalidade, por Elisabeth Hillerud (Zengoala)
Séguenos