“AS COUSAS PEQUENAS CONTAN” na Biblioteca de Cerdedo




Día 2 de outubro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Fatiropina
o 2 de outubro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Infantildo CEIP de Escairón.
Achegámonos á ciencia e á experimentación da man de Fátima.
Comezamos falando un pouco das mascariñas e da auga e o xabón para lavar as mans.
Despois xa entramos directamente en materia falando da TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA, algo así como a pel da auga!!!
Como na auga non se ve en, usamos leite para ver o que fai o xabón coa “pel” da auga. Botamos unhas gotiñas de cor no leite e xa postos, vimos a maxia da creación de cores novas a partir das cores primarias (vermello, amarelo e azul): verde, laranxa e morado.

Despois, aproveitando a diferencia de densidades entre o aceite e a auga, usando cores ó óleo flotando na auga colocamos uns trozos de cartón cos que conseguimos obter uns preciosos marcapáxinas totalmente orixinais:
Foi moi divertido cando tamén con fel conseguimos facer fractais con esas gotas de pinturas ó óleo!

Unha sesión de ciencia e arte moi, pero que moi divertida!
Contacontos titulado Os contos do avó: lendas e historias de Galicia



O xoves 1 de outubro os nenos e nenas das Pontes recibiron a visita na biblioteca de Eduvía Xestión e o seu Bibliocanta. Foi unha sesión estupenda na que cantamos e bailamos grandando a distancia de seguridade. Lembramos moitos temas do folklore galego que algunhas nais xa recordaban de cando elas eran pequenas. Todo un pracer para pasar a tarde de Xoves na Biblio.

O xoves 1 de outubro tivemos a sorte de ter na biblioteca a Títeres Cachirulo coa súa versión de A cabeza do dragón de Valle-Inclán.
Dramatización baseada en diálogos, exclamacións e xestos xunto con varias cancións populares galegas.
A resposta de nenas/os foi moi participativa, tomando partido por uns ou outros personaxes (trasno, rei, princesa, fillos do rei, dragón), xerando este último a maior expectación.

Caxoto chegou pensando que, como o chef que é, os nenos e nenas viñan preparados para cociñar. Non era así, e o que querían era que lles contara unha historia.

Aínda que se resistiu un pouco, acaboulles contando a historia dunha nena que quería ser pirata. Afortunadamente os nenos e nenas estaban de acordo con que as nenas poden ser o que queiran e que non hai profesións de mulleres nin de homes.

Os participantes fixeron dous equipos. Cada un tiña unha caixa chea de enigmas que resolver, mensaxes que descifrar, pistas que seguir, etc. para encontrar a contrasinal que introduxeran no ordenador para destruir o asteroide que impactaría contra a terra.

O 25 de setembro tivemos co programa Ler conta Moito a narradora Carmen Domech co contacontos “A carteira de Augasclaras”. Esta carteira especial contoulle 3 fermosos contos aos nenos do CRA Amencer que o pasaron en grande. Por suposto, con todas as medidas de seguridade. Estas son as fotos:

![]()
O 7 de setembro ás 20:30 h recibimos na biblioteca a Ian & Elisa e o seu espectáculo “Somos iguais na maxia” que fixo as delicias dos nenos e tamén dos seus pais misturando conto, maxia e sombras chinescas. Estas son as fotos:
![]()
![]()
![]()
![]()
O martes, 29 de setembro, pasamos unha tarde divertidísima co Mago Paco que nos trouxo unha chea de historias, xogos e por suposto moita maxia.
LIBROS + IMAXINACIÓN = MAXIA



Séguenos